Amosando publicacións coa etiqueta Premio Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premio Nadal. Amosar todas as publicacións

5.12.25

Premio do Concello: Nadal 2025


No día de hoxe, o Sr. Alcalde, Eduardo Parga, e a Concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, fixeron entrega do Premio de Nadal 2025 a mellor postal.

A aula de 4º de educación infantil foi a gañadora. Unha postal persoal, as mans dos cativiñ@s forman a copa da árbore, e decorada con elementos reciclados.

PARABÉNS, CATIVIÑ@S E TITORA!

Un traballo en equipo do máis creativo, que presidirá a pantalla dixital do Concello este Nadal.

12.12.24

Premio do Concello: Nadal 2024


Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

O premio do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal do Concello de Malpica foi para @s máis cativiñ@s do Milladoiro: a aula de 4º de educación infantil.

O debuxo lucirá na pantalla dixital do Concello para felicitar o Nadal a tod@s. Encantad@s recibiron, da man do Sr. Alcalde acompañado da Concelleira de Cultura e Educación do Concello, os agasallos.

Parabéns a tod@s @s premiad@s!

14.12.23

Premio do Concello: Nadal 2023

 

No día de hoxe, recibimos na biblio ao Sr. Alcalde do Concello de Malpica acompañado da Concelleira Delegada de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes e do Técnico de Cultura para facer entrega do premio do Concurso de Debuxo de Nadal, que este ano recaeu en...

Alexis Ramos Añón

Un lote de libros foi o premio que recibiu, ademais da calor en forma de aplausos de tod@s. O seu debuxo será imaxe este Nadal nas redes sociais do Concello. 

Parabéns Alexis, emocionad@s asistimos a túa curiosidade por saber que se agochaba na bolsa, á entrega do agasallo que xa forma parte da túa biblioteca persoal en forma de libros con pictogramas.

15.12.22

Entrega Premio Concello Nadal 2022

 



No día de onte, mércores 14 de Decembro, achegáronse á biblioteca do cole o Sr. Alcalde, a Concelleira de Cultura e o Técnico de Cultura do Concello de Malpica a desvelar quen foi o escolar premiado no concurso de Nadal do Concello, sendo a afortunada:

Valentina Ordóñez Suárez, de 3º Educación Primaria

Parabéns Valentina, o seu debuxo foi o seleccionado para decorar o cartel das actividades do Concello deste Nadal, Valentina recibiu un lote de libros que non tiña repetidos polo que estaba moi contenta e ademais puideron acompañala todos os seus compañeiros e compañeiras.




14.12.21

Entrega de Premios Concello de Malpica 2021


 

No día de hoxe, martes 14 de Decembro, achegáronse á biblioteca do cole o Sr. Alcalde, Eduardo Parga, e a Concelleira de Educación e Cultura, Noelia Freijeiro, para desvelar que foi o escolar premiado no concurso do Nadal do Concello , sendo nesta ocasión:

A aula de 4º de Educación Infantil

Parabéns a todos os nenos e nenas de 3 anos, que con as súas pegadas fixeron esa árbore de Nadal tan fermosa que preside os carteis de actividade do Concello de Malpica. Tamén recibiron un agasallo para a clase e un cartel para cada un deles.




16.12.20

Entrega Premio Concello Nadal 2020


 

No día de hoxe, mércores 16 de Decembro, achegáronse á biblioteca do cole o Sr. Alcalde, a Concelleira de Cultura e a Concelleira de Medio Ambiente e Educación a desvelar quen foi o escolar premiado no concurso de Nadal do Concello, sendo a afortunada:

Dania Blanco Rodríguez, de 1º Educación Primaria

Parabéns Dania, un debuxo cheo de cor e creatividade!

16.12.19

Premios Concello


O pasado venres achegáronse ao cole o Sr. Alcalde e a Concelleira de Cultura desvelar quen foi o escolar premiado este curso:
Icía Velasco, de 4º de Primaria

foi a agraciada desta edición. O seu debuxo, no que a balea de Lugrís tira por un trineo, acompañará aos veciñós e veciñas ede Malpica desde a pantalla electrónica durante todas estas festas.
Icía, coma é habitual, recibiu como agasallo un lote de libros.
Parabéns, Icía!

18.12.18

Entrega de Premios

O pasado mércores tivo lugar na nosa Biblio (que de momento está espidiña) a entrega do Premio de debuxos de Nadal do Concello. Nesta ocasión, o escolar premiado foi Pablo Varela, de 3º curso de primaria. Coma decote, veu o Sr. Alcalde entregalo.
Tamén, na mesma ceremonia, entregamos o premio Voces Terroríficas á alumna gañadora: Dania Blanco de 4º de E.I.
Animámosvos a todos/as a participar en sucesivas ocasións!

16.12.16

Premio Concello



Andrea Vila (2º de Primaria) foi a gañadora este ano do concurso de debuxo que organiza o Concello de Malpica para ilustrar o cartel de actividades municipais navideñas.
No día de onte, veu o alcalde darnos a nova e facerlle entrega a ela do Premio: un estupendo lote de libros que Andrea, que é unha gran lectora, recibiu chea de ledicia.
O cartel quedou bonito, bonito. Parabéns, Andrea!



Agradecemos as imaxes a Cristina Abelleira.

29.12.13

Premio municipal

VelaÍ a Clara recollendo o Premio do Concello acompañada polo noso alcalde.
O seu debuxo ilustrará a felicitación municipal aos veciños de Malpica.
E, o agasallo?
Pois... un lote de libros!
Parabéns a Clara e tamén ao Concello de Malpica por convidar ais veciños e veciñas a participar e formar parte da vida pública.

8.1.09

Maruja Torres: Premio Nadal

Efectivamente: a escritora, xornalista, muller comprometida, cidadana crítica... Maruja Torres ven de gañar o Premio Nadal deste ano pola súa novela Esperadme en el cielo que será publicada en breve pola editorial Destino.

Adicada ós seus amigos Manuel Vázquez Montalbán e Terenci Moix, desenvolvese nas rúas de Madrid, Barcelona e Alejandría. O libro é unha aventura en homenaxe ós dous escritores xa falecidos e a profunda amizade que une a ambos coa autora.
O Premio Nadal de novela é o máis antiguo que se concede en España: desde 1945.

Felicitamos a Maruja por este recoñecemento.