"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
Amosando publicacións coa etiqueta comida b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta comida b>. Amosar todas as publicacións
24.6.15
Comer e contar polo mundo. Producto Final do Proxecto
Por fin podemos presentarvos o producto final dese traballo no que levamos embarcados dous cursos: percorrer países do mundo achegándonos a eles a través da súa comida tradicinal e a súa literatura de tradición oral.
No blog do Proxecto podedes encontrar moitos dos taballos que fomos producindo ao longo deste tempo.
Nós aprendemos moitas cousas e agora queremos compartilas con vós.
Animádesvos?
10.4.15
Alimentos que viñeron de América
Alimentos que vinieron de America from bemilladoiro on Vimeo.
Este foi o traballo que fixo Alba, alumna de 6º, dentro do Proxecto Colón. Encantounos a súa aportación e agora sabemos máis. Grazas, Alba!8.6.14
Recomendacións para ler no verán 2014
Etsa son as nosas recomendacións para ler este verán. Centrámonos no tema que traballamos durante o curso e achegámosvos un feixiño de títulos que consideramos alegres, divertidos, refrescantes pero tamén esquisitos e de gran calidade.
Feliz verán.
14.6.12
...e comeron perdices!
Para finalizar o noso proxecto deste curso... seguimos a voltas cos contos!
Desta vez cos expresión que dá fin á maoiría dos mesmos que é a que escollimos para titular a nosa proposta de lecturas para o verán.
Todo o que suxerimos xira encol do tema da comida: libros, películas e ¡libros de experimentos para facer na cociña!
Pensamos que é unha proposta orixinal e refrescante e esperamos que vos sexa útil á hora de escoller as lecturas deste vran que se promete longo e feliz.
Así o agardamos!
20.4.10
Rico, rico...
No mes de outubro celébrase en Australia a The Sydney International Food Festival, e a axencia publicitaria a quen lle encargaron os traballos tivo esta xenial idea: facer as bandeiras de cada país participante con productos comestibles típicos.Ese que vedes aí foi o suculento e exquisito resultado.
A ver: primeiro identifica o país que corresponde con cada bendeira e despois... ¡fainas!
Podes incluir bandeiras que non están no cartel. Excelente ocasión para documentarse ¿a que si?
¿Con que farás a galega? ¿e a española?...Segue...
Vímolo no blog de Paco
Etiquetas:
ALFIN,
comida,
publicidade
21.3.10
A cociña na Historia de Galicia
(Fotografía de Maribel Ruíz de Erenchun na que se ve a Esperanza léndolle ó seu neto na lareira da reitoral de San Miguel de Sarandón en Vedra)Hoxe clausurouse en Compostela a exposición Ao pé do lar que se tiña inaugurado o pasado 5 de Febreiro no Museo do Pobo Galego.
Tiñamos interés en vela polo que ten de novidoso levar a cabo unha recompilación documental sobre a memoria da cociña. En tódolos sentidos: como esapzo físico e como alimentos e xeitos de preparación.
Era un traballo pendente e necesario.
Como asunto máis novidoso están os espectáculos que se organizaron ó seu calor e que a completaban, e tamén a colaboración de restaurantes e casas de comidas de Compostela nos que se poideron degustar os pratos con memoria
Novidosa, asemade, a posibilidade de que os visitantes grabaramos en video unha experiencia persoal vinculada á cociña.
Despois de levantar tanta expectación, hai que dicir que a exposición en sí mesma redúcese a unha colección de testos e imaxes polo que resulta completamente plana. Nada en tres dimensións, nada para tocar, para ver, para manipular...Ningunha pantalla interactica para compor un menú do s.II ou do s. XVIII... ¡nada!
Neste senso pareceume unha exposición fallida.
O valor que penso ten é que toda esa información xa reunida... será un bo punto de partida para un segundo (e definitivo?) intento.
Un panel que podía sernos de utilidade: a dieta dos milenios, pormenoriza época a época os alimentos máis consumidos, as novas incorporacións... pero, desafortunadamente, non aparece na web.
Etiquetas:
cociña,
comida,
exposicións
8.11.09
Investigamos
A voltas co tema da vivenda que, como sabedes é o que vertebra este curso as nosas investigacións, no outono estamos a construir unha despensa (prometo fotos en canto esté lista!!) e a aprender algo sobre métodos de conservación de alimentos que non dependen da electricidade.Preparamos, xa que logo esta webquest que axudará nesas pescudas. Veredes que está relacionada coas Aventuras de Said e Sheila, o que supón unha excelente ocasión para lelas (ou relelas!!!)
Adiante, detectives!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)