Festival das Letras 2014 from bemilladoiro on Vimeo.
"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
Amosando publicacións coa etiqueta kamishibai b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta kamishibai b>. Amosar todas as publicacións
22.5.14
Festival das Letras 2014
...e , pola tarde: Festival das Letras, coa participación de tódolos cursos.
Etiquetas:
diaz castro,
festival,
kamishibai,
Letras Galegas
11.3.13
Marie Curie. Semana da Muller Traballadora V
Esta foi a aportación dos nenos e nenas de 4º que, o pasado venres, contaron a vida de Marie Curie en forma de kamishibai.
Estupendo porque así, poderemos seguila contando en anos sucesivos.
Grazas por tanto traballo!
Estupendo porque así, poderemos seguila contando en anos sucesivos.
Grazas por tanto traballo!
Etiquetas:
biografias,
kamishibai,
Muller
12.11.12
A casa da miña avoa
Nenos e nenas de 3º o pasado xoves escenificando A casa da miña avoa que eles mesmos debuxaron en kamishibai.
Unha marabilla!
Poderato
Etiquetas:
animacion à lectura,
kamishibai,
lecturas terrorificas,
medo,
podcast,
samain
9.4.12
Cincenta
En 5ºA o conto escollido para traballar foi Cincenta, como sabedes.
Esto que estades a ver é, dalgunha maneira, a culminación do traballo dos últimos seis meses: lectura, reelaboración do texto, secuenciación, ilustración, adaptación de texto e imaxe, lectura en voz alta, dramatización, técnicas para gravación de voz.... a idea era facer unha versión do conto para kamishibai.
Estaba tamén entre os nosos obxectivos, divulgar a versión dos irmáns Grimm así como ofrecer en soporte electrónico versións dos contos clásicos na nosa lingua.
E, finalmente,este foi o resultado!
Etiquetas:
cincenta,
contos populares,
kamishibai,
video
9.6.11
Festa Fin de Curso
Hoxe puxemos o remate a este curso que foi moi, moi intenso.
Organizamos a festa habitual na que entregamos os diplomas e uns agasallos ós nenos e nenas que nos axudaron no traballo durante todo o curso.
Non nos cansaremos nunca de agradecer ese traballo que, anque a vos non volo pareza é moi importante: levades o préstamo e as devolucións, organizades os Hoxe le..., ordenades os andeis, axudades ós pequenos, axudades nos traballos de preparación dos materiais para incorporalos á colección... Non seguirei. Só, e unha vez máis:
GRAZAS!!!
Tamén entregamos eses premios que esperades sempre con tanta intriga: os dos Máis leóns. Damos un a quen máis libros levou da BE de entre os escolares do 3º ciclo e outro para os do 2º. Este curso, e como novidade, a profesora de EI de 5 anos pediunos poder participar na festa entregando un agasallo a quen máis libros levou para ler coa familia da súa aula (eso das bolsiñas dou moito xogo!) e tamén se lle entregou. Resultado:
Nico, de 5º
Paula, de 3º
Noemí, de EI 5 anos.
PARABENS A TODOS!!!
O acto abrírono Pablo Parga, Samuel e Aday, alumnos de 6ºB, que leron O gato con botas, coa técnica do kamishibai. Ensaiaron moito moito e, como non podía ser doutro xeito, saíulles MALLADO!
E... ata o curso que ven. Que volveremos comezar. Algúns xa non estaredes aquí pero outros seguiremos a facer o noso traballo o mellor que sabemos sempre na onda de namorarvos dos libros e a lectura.
FELICAS VACACIÓNS... LENDO!!!
Ah! Que queredes saber os Premios! Vale.
Para os LEÓNS: cadanseu libro, unha mochila das Bibliotecas Escolares de Galicia e un Diploma acreditativo.
Para os/as colaboradores: unha libreta das Bibliotecas Escolares de Galicia, un boli multicor, un portaminas e un Diploma acreditativo.
Para todos/as. unha chapa da Hora de Ler das Bibliotecas Escolares de Galicia.
Etiquetas:
animacion à lectura,
findecurso,
kamishibai,
Premios
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
