Onte miramos as estrelas. É verdade que habitualmente acudiamos ó Planetario da Coruña pero este ano fixemos que as estrelas viñeran a nós. E todos: desde Infantil a 6º fomos pasando por ese espazo máxico que montaron no pabillón.
Parece pequeno, pero colliamos todos perfectamente ¡ata Alberto coa cadeira de rodas!
Foi un día celestial. Mirade:
Temos tamén, estes días, unha selección bibliográfica sobre o Universo, as estrelas e a lúa que xa estades a usar.
"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
Amosando publicacións coa etiqueta lua b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lua b>. Amosar todas as publicacións
26.11.09
Mirandos ás estrelas
Etiquetas:
actividades,
lua,
planetario
20.7.09
Aniversario

Hoxe é o momento de falar do aniversario da chegada do Apolo XI á Lúa hai 40 anos. De contarvos cousas de Amstrong, Aldrin e Collins que quedaron para sempre na nosa memoria. Pero eso xa o fixeron os xornais do día e limitareime a deixarvos os enlaces:Especial do diario El Mundo (moi documentado)
Diario El PAIS
A NASA
Para min, a Lúa segue a ser un personaxe literario, un escenario para os contos e para os soños... e lembro libros coma este que recrearon os nenos e nenas de 2º o curso 07/08.
A lúa é ese lugar en forma de C maiúscula , bañadiño en mel no que aparecían sentados os ratiños na última páxina de La ratita presumida na versión que eu tiña de nena.
Etiquetas:
aniversario,
lua
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)