Amosando publicacións coa etiqueta museos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta museos. Amosar todas as publicacións

4.5.12

Ciencia e tecnoloxía

Hoxe inaugúrase na Coruña o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) despois de sucesivos aplazamentos na data.
Trátase dun novo museo construido pola deputación provincial e cedido para o seu uso á rede de museos do Ministerio de Educación e Ciencia.
Está no barrio de Labañou e son cinco mil metros cadrados para albergar unha colección que non está ben definida pois serán pezas itinerantes.
Conta cun robot, Pepexán, que é o encargado de guiar as visitas, entre outras cousas. A este personaxe vanlle facer unha compañeira que se vai chamar Marilú , no máis puro estilo da historia de Eva e Adán.
Pepexán conta xa co seu propio blog e perfil nalgunhas redes sociais.
Esperemos que aprenda idomas porque, de momento, tanto o seu blogue como a páxina do museo só se atopan nunha lingua: o castelán.
E, digo eu, que se pagamos o edificio e está na Coruña... debería falar coma nós ¿ou non? Ademáis, chamándose con nome tan do país, seguro que naceu por aquí, así que.... debería aprender, porque a ciencia tamén se pode explicar en galego
Esperamos do museo que serva, de verdade coma motor da curiosidade e a aprendizaxe.

17.8.10

Sentidiño e sensibilidade


Descubrimos este vran algo que vos gustará. Trátase do ecomuseo de Enkhuizen que reflexa a vida cotiá dos mariñeiros holandeses a comezos do século pasado.
Un esforzo marabilloso para dar a coñecer, para divulgar a vida das familias mariñeiras reflectindo tódolos detalles do seu cada día.
Unha marabilla.
O Zuiderzeemuseum é o producto do enorme esforzo colectivo dunha sociedade que sabe de onde ven, síntese orgullosa delo e non quere esquecer.
Patrimonio conservado, rescatado e posto en valor con moito cariño.
As imaxes que vos deixo son do ecomuseo pero podedes ver outras de diversos puntos da cidade AQUI e AQUI
Cada vez que visito un sitio destas características boto en falta algo semellante en Galicia: un país que naceu e medrou a base da riqueza mariñeira, cunha enorme cultura do mar e sen moitas iniciativas que poñan en valor ese tesouro.
Espero, de todos xeitos, que iso cambie antes de que teñamos todo destruído en aras dunha suposta modernidade. Porque acabades de ver que ambos conceptos non están reñidos.
Un último apunte: visitamos o museo un sábado de xullo e non había máis turistas ca nós. Tódolos demáis visitantes (e eran moitos!) eran holandeses.

2.6.10

De paseo polo Prado



Desde Biblioreboradadannos a coñecer estas audioguías do Museo do Prado para nenos e nenas.
Interesantes para ver en familia, para pasar un rato divertido e mesmo para preparar unha viaxe familiar agora que se achega o vran.
Deixarémolas tamén na sección permanente de pais e nais.