Amosando publicacións coa etiqueta día do libro infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día do libro infantil. Amosar todas as publicacións

23.4.26

Día do Libro 2026

 

Conmemoramos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor 2026 coa exposición temporal que acolle o lema da Asesoría BEGA, Viaxe á creatividade. 

Unha exposición a disposición da comunidade con diversidade de exemplares que animan a emprender unha viaxe en cada lectura: viaxes creativas, humorísticas, emotivas, lúdicas, informativas...

Achegamos enlace á Postal do Día do Libro 2026, agasallo de Eva Mejuto para as bibliotecas escolares de Galicia celebrando o libro e a lectura. Premer na imaxe para acceder á publicación da Asesoría BEGA.

Felices lecturas, hoxe e todos os días do ano!

Lecturas como as que realizaron os grupos-aula pola vila de Malpica, para exercer o dereito a ler en claquera sitio, divulgando a lectura e o libro. Premendo nos seguintes enlaces accederedes ás publicacións realizadas nos blogs de ciclo, lectura na rúa e merenda saudable:

2.4.25

Día do Libro Infantil 2025

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Ao longo do 2º trimestre a nosa exposición de novidades foi renovándose segundo iamos catalogando as novas adquisicións: títulos diversos para lectoras/es diversas/os.

Celebramos o Día do Libro Infantil 2025 coa exposición permanente Leo le... NOVIDADES!. Unha exposición viva e moi visitada para os empréstitos a domicilio ou para as aulas.

A variedade de libros adquiridos garda relación con intereses e gustos lectores diversos, na procura de ofertar a nosa comunidade lecturas de calidade contrastada e dinamizando a lingua galega.

Felices lecturas, hoxe e todos os días do ano!

2.4.24

Leo le... NOVIDADES!_2º e 3º trimestre

 Leo le... NOVIDADES!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos os libros que ocuparon o expositor Leo le... NOVIDADES!, ao longo do 2º trimestre e inicio do presente 3º trimestre.

Celebramos o Día do Libro Infantil 2024 coas novas adquisicións que xa catalogamos e viaxan ás aulas, aos domicilios... para gozar da lectura, hoxe, e todos os días do ano.

A seguir lendo... crecendo!

2.4.22

Leo le... NOVIDADES!_2º trimestre

Leo le... NOVIDADES!

Hoxe,  Día Internacional do Libro Infantil, cedemos o protagonismo ao noso expositor Leo le... NOVIDADES!

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos.

Ao longo do 2º trimestre o noso expositor de novidades foise renovando segundo catalogabamos as novas adquisicións a través do programa de xestión KOHA, o cal inauguramos este mesmo trimestre.

Novidades que acollen exemplares diversos sempre atendendo á variedade de xéneros, á dinamización da lingua, á calidade e fiabilidade, á inclusión.

Exemplares que viaxaron do expositor ás aulas ou aos domicilios, para a lectura en gran grupo ou individual, para a búsqueda de información ou para o desfrute e o lecer.

Seguiremos aumentando a colección da nosa Biblioteca ao longo do 3º trimestre atendendo ás necesidades d@s usuari@s; unha colección aberta por e para tod@s: viva, dinámica e accesible.

Longa vida ao Libro Infantil, fonte de emocións e de información!

2.4.21

Día Internacional do Libro Infantil 2021


Hoxe, Día do Libro Infantil, fomentamos, coma cada día lectivo, a lectura de calidade entre @s nen@s; recollendo a imaxe do cartaz publicado pola Asesoría de BE na súa páxina web.

Nós, celebraremos o Mes das Letras 2021 elaborando creativos carteis para promover, divulgar lectura na nosa comunidade: lectura para tod@s!

Lecturas de vida, rememorando o Día do Libro 2020. En pleno confinamento, derivado da COVID-19, a motivación , ilusión e esforzo da nosa pequena comunidade educativa deu como froito 2 fermosísimos produtos finais, en formato vídeo, que podedes desfrutar picando nos seguintes enlaces:

Feliz Día Internacional do Libro Infantil, por unha lectura de calidade entre e para TOD@S!