Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxía. Amosar todas as publicacións

11.4.25

Aquarium Finisterrae no CEIP Milladoiro

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Pechamos o 2º trimestre coa visita do Aquarium Finisterrae ao noso cole. Tod@s visitamos a furgoneta do Aquarium na que Carlos e Jose nos ensinaron unha mostra da diversidade de vida mariña que tan ben coidan nas instalacións de A Coruña.

Todas as aulas marabilladas vendo, e mesmo tocando, melgachos, rodaballos, estrelas de mar, cangrexos, centolas, ourizos e ata un coral.

Un privilexio de visita que a tod@s gustou e, seguro, non olvidaremos. Agradecid@s ao Aquarium Finisterrae e na súa representación a Carlos e Jose, pola súa amabilidade e bo facer.

Un petisco do Aquarium que animamos ir visitar estes días de descanso, un plan do máis natural e divertido!

13.2.25

Día Mundial da Radio 2025

Hoxe conmemoramos o Día Mundial da Radio 2025 e, como cada ano, unímonos á proposta de Ponte nas... Ondas! e Rede Espora, grazas ao fantástico podcast creado polos biblioaxudantes de Radio na Biblio de 5º de primaria.

Premendo no seguinte enlace, poderedes ler a publicación realizada no blog do 3º ciclo e escoitar o seu previsor e imaxinativo podcast gravado en Radio Balea:

Parabéns polo fantástico traballo e feliz Día da Radio, hoxe e todos os días do ano!

 

26.4.23

Mes das Letras: teatro "Sorpresa"


Hoxe o alumnado de E. Infantil, 1º, 2º e 3º de E. Primaria asistiron, na biblio, ao teatro. 

O bo facer de Sara, de A Xanela do Maxín, fixo que sigamos a reflexionar sobre o coidado do medio e a reciclaxe. A peza titulada "Sorpresa" vai narrando, mediante caixas sorpresa, pequenos contos que invitan á reflexión coas diversas preguntas que pechan cada relato.

Agradecemos, un curso máis, ao Consorcio Editorial Galego á fantástica experiencia cultural e de sensibilización medioambiental.

A Xanela do Maxín

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

18.5.22

Plantando árbores con pinceis

Mural exterior Navegamos XUNT@S!

A pasada semana tivemos dous talleres, a través da fundación Abanca, que levan o título "Plantando árbores con pinceis", que mestura cultura, creatividade e coidado do medio ambiente a través da realización dun mural artístico colaborativo e ecolóxico e uns talleres de pintado de bolsas de tea con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben o CO2 do ambiente.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria elaborou este precioso mural que agora preside a entrada do noso centro, cunha serea Leo moi moderna e co Faro de Punta Nariga ao seu lado.

O alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria pintaron cada un a súa bolsa tea, cuns deseños moi orixinaris e persoais. Podedes ver todas as fotos da xornada premendo no seguinte enlace: plantando árbores con pinceis.




7.4.22

Proxecto Terra: Inspectores Urbanísticos!

Proxecto Terra

No día de hoxe, a través do Proxecto Terra, o alumnado de 6º de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria convertéronse en Inspectores Urbanísticos grazas a actividade desenvolta pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). 

En cada sesión trataron as características da nosa paisaxe, os elementos naturais e humanizados, e como, en moitas ocasións, as persoas estragamos o entorno con construcións ilegais.

 “Coida do territorio. Coida do teu”


5.6.21

Laboratorio de Ideas: construíndo un mundo mellor!

O Laboratorio de Ideas Construíndo un mundo mellor! pecha a implementación dos laboratorios de aprendizaxe 2020/21 e do PDI, bianual, Visión 3C: Comunicación, Ciencia e Creatividade.

Os produtos do laboratorio, Axenda 2030 e Medio Ambiente, conforman a exposición final; unha exposición coa que tamén conmemoramos o Día do Medio Ambiente a través de maquetas/construcións ecolóxicas, creativas e únicas que reflicten o mundo de aprendizaxes desenvoltas ao longo do curso, aprendizaxes de vida.

Parabéns, unha vez máis, a tod@s pola vosa creatividade, pola vosa sensibilidade coa diversidade de mundos, persoais e sociais, cos que coexistimos.

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da exposición.

O vindeiro curso navegaremos nun novo mar de aprendizaxes compartidas, sempre coa visión nítida de tod@s de que a construción dun mundo mellor é posible se cada un/unha de nós aporta o seu gran de area na singradura da vida.


10.3.20

Muller e Ciencia: Rachel Carson (4º e 5º de E. Infantil)



O curso dos máis pequeniños, coa súa profe Dora, investigaron sobre a vida de Rachel Carson, a primeira muller recoñecida como ecoloxista.
Canto aprendemos!

6.5.09

Promover o respeto

No disco de Bebe Pafuera telarañas, aparece esta canción que nos encanta. Trátase do Ska de la tierra.
Estabamos preparando algo en torno a ela para o festival de fin de curso cando a semana pasada vimos un vídeo en Mesturas.
Hoxe deixámosvola aquí para que vos vaia soando. E ide practicando que hai que cantala...¡E BAILALA!






(Se pinchas sobre o nome da canción poderás ver a letra)