"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
13.1.16
22.11.12
6º: As pantasmas
13.12.10
Celtics Roots

Trátase dun interesante proxecto educativo en formato CD-DVD onde @s alumn@s interpretan música galega e irlandesa.Preme no título se desexas acceder a mais información.
Tes máis información no blog de Novidades
9.7.10
A familia de Paul

26.1.10
Cancions para a PAZ (III)
25.1.10
Cancións para a PAZ (II)
¡Probade a facer o karaoke!
10.5.09
O rap da lingua
Este rap está incluído no espectáculo Canta Connosco.
Deixamos o video para que cantedes a placer e aprendades a letra.
Ala! A rapear!
O RAP DA LINGUA (MIGALLAS)
QUE FALEMOS EN GALEGO
É UNHA COUSA NATURAL,
COMA A CHUVIA NO INVERNO
E A CALOR NO VERÁN.
EN GALEGO! XA! SI! (BIS)
AINDA HAI PAIS QUE NON LLES FALAN
ÓS SEUS FILLOS EN GALEGO
PORQUE PENSAN QUE É UNHA LINGUA
PARA POBRES E "PALETOS".
AOS TEUS PAIS ANIMARÁS
A FALARCHE EN GALEGO,
QUE NON CHE VAN SAÍR GRANS
NIN TAMPOUCO CAE O PELO.
HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE Ó IR Ó INSTITUTO
NON QUEREN FALAR GALEGO
PORQUE DIN QUE É MONTUNO.
MAIS SE ALGUÉN CHE FAI TILÍN
E O QUERES NAMORAR
FAILLE AS BEIRAS EN GALEGO,
DE SEGURO LIGARÁS!
HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE QUEREN FALAR GALEGO
PERO AÍNDA NON O FALAN
PORQUE DIN QUE TEÑEN ERROS.
ANQUE O FALES TODO O DÍA
NON CHE PODE SENTAR MAL.
NIN DÁ MOCOS, NIN DÁ FEBRE.
FAI A PROBA E XA VERÁS!
FALEMOS A NOSA LINGUA
QUE É UNHA LINGUA MOI MODERNA,
NAS ESCOLAS E NAS CASAS
NAS CIDADES E ALDEAS.
EN GALEGO! XA! SI!
A letra agradecémoslla ó blog amigo de Moaña Bibliotecadocole
5.4.09
Abril

Abril é o mes poético por definición. Son moitas as cancións e os poemas que falan del, con el, para el... Hoxe deixovos esta que probablemente non coñecedes, porque xa ten uns anos, pero se escoitades con atención veredes sair a beleza.
É de Silvio Rodríguez, cantautor cubano e compositor de melodías e poemas ben fermosos. ¡Disfrútadeo!
8.2.09
Luis Pescetti
Luís é un tipo que respeta profundamente o mundo infantil e adica o seu tempo e o seu traballo a facer productos especialmente orientados a ese fin, co obxectivo de que non teñan que satisfacer as súas inquedanzas recurrindo a productos para adolescentes e/ou adultos.
Na súa web poderedes coñecer o seu traballo de primeira man.
Ten, tamén unha ampla presenza en youtube onde poderedes deleitarvos coas súas cancións.
Na biblio temos algúns dos seus discos:
Cassette pirata e El Vampiro negro
e algúns dos seus libros, que en España edita Alfaguara:
Frin, El pulpo está crudo, Natacha, Caperucita roja (tal como se la contaron a Jorge)
Sabemos de canto disfrutan nenos e nenas cos seus poemas desbaratados, as súas cancións irreverentes...
Probade!!!
30.1.09
O noso Día da PAZ
Estes son algúns dos momentos que vivimos hoxe: poemas, debuxos, canción...alegría, desexos, reflexión... paises, culturas... nenos e nenas... armas de chocolate, pistolas de caramelo, tanques de gominola...
Tal vez.
Algún día.
De momento, van reflexionando e aprendendo palabras de PAZ.
Desde o equipo de Biblioteca fixemos unha selección poética para os diferentes cursos: un poema para cada grupo, que aprenderon e aparecen colgados en arquivos de voz na entrada anterior deste blog. Hoxe, no acto de celebración léronse só algúns: Uruguay, Perú, García Teijeiro, a Rolda do Soldadiño que nos cantaron os de infantil...
Previamente fixeran as cortinas de PAZ coas siluetas de pombas que cada ún coloreara. Despois, cantamos a canción que Mabel escolleu para todos.Para rematar, os nenos e nenas do 3º ciclo formaron a palabra PAZ que ensaiaran coa profe Laura.
Unha bonita xornada. Emotiva. Das que tocan o corazón.
20.1.09
Irmáns
Coincidimos na selección do poema co amigo Beni. Debe ser un signo inéquivoco da idade.
16.1.09
Un son de Paz
Poema incluído no libro Solaina de Kalandraka que inclúe un cd coas cancións. Podelo topar na nosa biblioteca.
En tempos nos que tan necesaria é a paz, non ven mal aprender unha tonada coma esta.