Amosando publicacións coa etiqueta matilda. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta matilda. Amosar todas as publicacións

7.8.13

Letrillas para cantar. Raices Combinadas

Fun ver a Matilda á súa casa e, para agradecerlle todo canto nos ensinou, leveille un álbum cos fotos da visita e un disco no que gravei as pists que xa publicamos neste blog. Ela, xenerosa coma decote, agasoullome unhas letrillas tradicionais que quero compartir con vós:
Aghora que ven o vran
alegría meus señores!
que anda a xente de fora
mirando pros labradores

 Non bailes tanto con ela
que, anque está en casa ghrande,
paghan a renda por ela.

O meu amor vai no Rei,
Dios o aparte das balas!
 Dios o deixe vir cumplir,
palabras que deixou dadas!

 Quérolle á miña nai
que lle debo de querer,
que me tivo nove meses
onde nadie me foi ver.

Non quero ir ó muiño,
nin barrer no tremiñado,
que despois, no outro mundo,
 piden contas do roubado.

Ala! A cantar!

9.7.13

Matilda: voda e familia. Raices combinadas

Bueno, este si que será o último. Pero non quería que vos perderades este fermoso relato de como foi a súa voda e o amor desta muller polos seus fillos. Descubriredes algo interesante. Abofé!

8.7.13

Matilda: a formación do grupo Raices Combinadas e algúns enredos

Publicamos hoxe os dous últimos cortes da entrevista que lle fixemos en Febreiro a Matilda de Limiñoa. O podcast completo. Temos moito mási material pois o encontro prolongouse máis dunha hora pero, de momento abonda. Nesta ocasión escollemos cortes nos que Matilda nos propón algúns enredos (e cos que rimos moito!) e outro no que nos explica como se chegou á formación do grupo que hoxe teñen. Grazas de novo a esta muller animosa, forte, admirable... por canto nos ensinou e por facelo dun xeito tan, tan didáctico e ameno.

5.5.13

Matilda e a súa infancia. Raices combinadas

Lembra Matilda neste corte da longuisima entrevista que lle fixeron os nenos e nenas de 6ºA, epidodios da súa infancia. Debuxa un mundo que xa non existe pero sobre o que non podemos afirmar que non volva existir. Escoitala sempre é un placer.

4.5.13

Matilda e a mocidade. Raices combinadas

Seguimos coa publicación dos cortes da entrevista que fixemos en 6ºA a Matilda de Limiñoa (Matilde Castro) Nesta ocasión escollemos os fragmentos nos que Matilda fala da moza que foi, de como se moceaba, e do papel que cumplía a música (o cante, os bailes...) no mundo que lle tocou vivir. Anque ela retrata un mundo que xa non existe, nenos e nenas teñen aínda as claves para comprendela porque, no esencial, as mozas de onte eran coma as de hoxe: coquetas, seductoras, con ganas de festa... Asegúrovos que foi moi emocionante este encontro interxeracional no que todos descubrimos tantas claves para entendernos.

24.2.13

Musica tradicional: Matilda de Limiñoa. Raices Combinadas

O pasado mércores foi un día moi intenso. Entre outras cousas, que xa vos iremos contando, tiñamos unha cita pola tarde con Matilde Castro, máis coñecida como Matilda de Limiñoa.

Trátase dunha muller memoria viva da nosa música tradicional: canta, toca a pandeireta, baila e sabe comunicar todos eses saberes unha claridade, frescura e naturalidade... envexable.

Produceunos unha impresión fantástica e non quitabamos ollo (nin ouvido) a canto nos contaba.

Os nenos e nenas de 6ºA, que andan metidos no coñecemento da música tradicional, prepararan unha entrevista da que aquí vos deixo (de momento) os cortes relacionados coa música porque máis dunha hora de encontro deu para moito: hai preguntas de diversos temas e, a todas elas Matilda respondeu volcándose, poñendo á nosa disposición a súa lúcida memoria, o seu orden mental exquisito e unha risa cantareira que encheu de ledicia unha tarde inesquecibel.

A Matilda: GRAZAS, de corazón.
E aos autores e autoras da entrevista: GRAZAS tamén, por ter preparado este traballo con tanta profesionalidade.
Esta primeira parte da entrevista é algo máis longa que as demáis pois é claro que A MÚSICA foi o tema no que máis nos exetendemos, dura dazaseis minutos pero aconsellamos que escoitedes con atención pois contén auténticas perlas: