"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
7.11.25
Magosto 2025
8.11.24
Entre castañas anda... o xogo!
Un curso máis, as castañas foron protagonistas do noso Magosto: diversión e degustación de castañas para tod@s.
Os diversos equipos foron percorrendo os retos propostos: memory, construcións creativas, a rá, os aros, o pano, robótica... xogos populares e creativos para divertirse antes de degustar as castañas asadas.
Feliz Magosto a tod@s!

3.11.23
Magosto 2023: entre castañas... anda o xogo!
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos da xornada
Un curso máis, a castaña foi protagonista dos xogos tradicionais que realizamos co gallo do noso Magosto 2023.
Unha xornada lúdica e gastronómica, pois finalizamos o día degustando as ricas castañas asadas.
Benvido... outono!
4.11.22
Magosto 2022: entre castañas anda o xogo!
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos e vídeos.
Celebramos o noso tradicional Magosto coa castaña como protagonista dos xogos desenvoltos no patio e no pavillón.
Despois de divertirnos xogando, baixamos ao patio para desgustar as castañas asadas e bailar coa música do Grupo Milladoiro. Unha fantástica xornada entre castañas e música tradicional.
Agradecer o esforzo de toda a nosa comunidade (profesorado, persoal non docente, colaboradores...) para que o noso Magosto poida seguir celebrándose.
29.10.21
Magosto 2021
E este curso... si celebramos o noso tradicional Magosto!
Comezamos a xornada con xogos populares para todas e todos, entre o patio cuberto e o pavillón repartímonos para desfrutar dos xogos populares organizados polo profesorado; rematando o día degustamos as ricas castañas asadas.
Premendo na imaxe accederedes as fotos da xornada.
Un Magosto lúdico e festivo para tod@s!
30.11.20
Outono de palabras, outono de pictogramas
29.10.19
Magosto 2019
Imaxes do magosto que, coma é tradicional no noso centro, celebramos o pasado venres 25.
Unha festa que nos gusta moito!
5.11.18
Magosto 2018
magosto 2018 from bemilladoiro on Vimeo.
2.11.17
Magosto 2017
28.10.16
Magosto 2016
Co magosto puxemos punto final á Semana de lecturas Terroríficas. Foi, coma decote, unha mañán divertida e nutritiva! Velaí as imaxes.
9.11.15
Magosto
Magosto 2015 from bemilladoiro on Vimeo.
19.10.15
Chega o tempo do Magosto. Chega o Samaín
11.11.14
Samaín e Magosto
Samain e Magosto 2014 from bemilladoiro on Vimeo.
Un pequeno resumo en imaxes do que foron algunhas das nosas actividades para celebrar o Samaín que, coma decote, rematamos co magosto. O comezo foi unha exposición con lecturas de medo e unha exposiciín de cabazas decoradas en familia. Este ano, por causa do calendario, só as puidemos expoñer durante tres días pero, como vedes, seguiu a haber un derroche de imaxinación.10.11.13
Magosto
Magosto 2013 from bemilladoiro on Vimeo.
AQUI tódalas fotos.
22.11.12
O magosto en imaxes
O certo é que dá gusto vervos.
Coma decote: PREME sobre a imaxe e poderás ver tódalas fotos (83)
14.11.09
Un día para lembrar
O venres celebramos o Magosto. Castañas, cinza... risas, películas... e moito traballo.
Logo, os profes comimos xuntos e alguén celebraba algoooooo!!!
O dito: un día para lembrar
.jpg)





