"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
Amosando publicacións coa etiqueta escola b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escola b>. Amosar todas as publicacións
10.5.13
Matilda e a escola. Raices combinadas
Velaí a Matilde, agora falándonos do seu tempo escolar.
17.4.12
Parece que fala de nós
Envíanos unha amiga esta producción feita en Francia pero que...¡parece que fala de nós!
Nos últimos tempos tódalas novas que chegan ao centro e, á sociedade no seu conxunto, levan a mesma dirección: recortes, axustes, supresións... empobrecemento do ensino, baixada nos recursos, baixada nos medios...
Hoxe o día amaneceu igual: máis rapaces por aula, menos profesorado, menos recursos...
E non é certo aquelo de que as familias poden escoller. En Malpica non. O único ensino é o PÚBLICO.
Cando pensabamos que só podiamos camiñar cara adiante, cara á excelencia, á superación do fracaso escolar... resulta que a escola que se debuxa no futuro próximo é a anterior a 1980!
No que a nós respecta, sempre buscamos a excelencia no noso traballo, fomos adiantados en programas e didácticas, pelexamos por levar ás aulas a mellor e mási moderna das educacións posibles. E aí están os recoñecementos en forma de premios.
E queremos seguir a facelo así. Pero...¿poderemos?
A atención ao alumnado require bibliotecas, departamento de orientación, aulas de audición e Linguaxe, tempo para reunirnos, para pensar e programar proxectos... ¿Como o faremos?
Precisamos tódalas complicidades posibles.
especialmente importantes son eses recortes na escola rural: falamos da igualda de oportunidades. e ese factor de igualación só o pode aportar a escola: que ofrece aos fillos e fillas dos contribuíntes a mesma calidade educativa sexa cal sexa o lugar no que residan.
Hoxe o ministro dixo que os institutos só poderán ofrecer UNHA modalidade de Bacherelato. Unha ÜNICA. De maneira que ou se mandan os rapaces a estudar fóra (quen poida!) ou todos estudarán o mesmo. ¿Quedaremos sen científicos ou sen linguístas?
Un despropósito. Un desatino.
En educación AFORRAR non é un criterio. INVERTIR é o verbo axeitado.
A non ser que xa alguén decidirá por nós cal ten que ser OBLIGATORIAMENTE o futuro dos nosos nenos e nenas ¿é así?
Pois que se diga en voz alta.
Etiquetas:
escola,
fracaso escolar
6.1.12
Agasallo de Reis
Seguramente moitos xa o coñecedes pois leva varios días circulando pero paga a pena poñelo no espazo de colaboración e libertade que é este noso blogue por se alguén non o veu aínda e por volvelo ver.
A min dedicáronmo meus irmáns na cea familiar de noiteboa, co que conseguiron emocionarme. E eu dedícollo a tódolos meus compañeiros e compañeiras profesores coma min na escola pública que cada día chegan ó traballo cargados de ilusión, de proxectos, de ideas, de maneiras para chegar mellor a este rapaz ou a aquel... Xente que non se deixa vencer facilmente. Xente que cre no poder transformador da educación e que todos, ante ela somos iguais.
Tamén ás familias que saben da excelencia da escola pública e a aquelas que, a pesares do que diga a propaganda oficial, non poden escoller a que centro mandarán aos seus fillos e fillas para que teñan a seguridade de que están nas mellores mans.
Feliz día de Reis!
6.10.09
Os nenos e nenas do cable
Fai algún tempo que nos impresionara unha reportaxe dun dominical que explicaba diferentes maneiras en que nenos e nenas do mundo acceden á escola cada día.
Hoxe, e da man dun bo amigo, chégame este pequeno vídeo que non me resisto a compartir con vós. Porque se xa nos fixo tremelicar aquela reportaxe, á vista destas imaxes e voces non podemos menos que emocionarnos, enrabexarnos e darlles a maior das publicidades.
Deixovos tamén un par de enlaces para saber máis.
7.3.08
O MEDO Á ESCOLA DAS NENAS

A diario miles de nenas de todo o mundo son agredidas de camiño á escola ou cando están nela. Algunhas sofren ameazas de agresión sexual doutros estudantes, hai profesores que ofrecen notas máis altas a cambio de favores sexuais, e ata son violadas na escola. En Estados Unidos, o 83 por cento das estudantes de 12 a 16 anos sufriron acoso sexual. En Sudáfrica, unha terceira parte das violacións de nenas foi cometida por profesores. En Tanzania, 14.000 nenas foron expulsadas nos últimos anos por quedar embarazadas. En Xamaica, Togo, Nicaragua, Haití ou México, o acoso sexual está xeneralizado na escola. O resultado é que innumerables nenas non chegan a ir á escola ou abandonan os seus estudos. Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, Amnistía Internacional fai un chamamento mundial para pór fin á violencia contra as nenas nas escolas.
Informe Amnistía Internacional Sección Española
Etiquetas:
Día da Muller,
escola
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)