Amosando publicacións coa etiqueta mascota. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mascota. Amosar todas as publicacións

14.4.08

Premio para Jacobo


Felicitamos efusivamente a Jacobo Fernández Serrano polo Premio Castelao da Deputación da Coruña que ven de recibir.

A nosa biblio ten un cariño especial a Jacobo. El foi o primeiro invitado o ano pasado cando inauguramos as novas instalacións. El foi, tamén, quen asistiu no seu salón de estética, á nosa mascota que fóra previamente debuxada por Rosana Varela (4º B) dándolle a Leo o aspecto final que hoxe ten.

A obra: As aventuras de Cacauequi, está xa nas librerías.

Noraboa, Jacobo por ese recoñecemento tan merecido.

Podes saber máis cousas sobre o artista pinchando aquí.
E unha recomendación: A pedra e as formigas, un fermoso libro a ter en conta á hora de facer as nosas seleccións literarias. Escrito e debuxado polo autor.

19.12.07

Jacobo Fernández Serrano




Leo pensou pasar por un salón de beleza e arreglarse un pouquiño.
Decidiuse polo de Jacobo Fernández Serrano quen de inmediato púxose mans á obra. El nunca antes se tivera encargado dunha serea, e moito menos dunha que viva nas Sisargas e pase as noites nunha biblioteca escolar, pero co seu ben facer natural... ¡deixouna preciosa!
Agradecemos a bondade de Jacobo que, anque vive desto, nesta ocasión non cobrou o seu traballo.
Jacobo foi moi respectuoso con Leo: non modificou nada nela, só lle deu un toquiño de artista
Velaí tendes o resultado.

30.11.07

Eleonora Nacarina, alias LEO


Este curso comezamos cunha campaña para que os nenos e nenas debuxaran a mascota. A verdade è que levamos todos estes anos funcionando sen ningunha...¡e xa estaba ben!

Un dìa apareceu unha carta en tòdalas aulas dunha tal Eleonora Nacarina que è unha serea e vive nas Sisargas. Contàballes que, o curso pasado, mentre andivemos de obras e a biblio estaba pechada, comezou a vir por aquì e a quedarse a ler tòdalas noites. Despois, soubo que esto era un cole e estaba cheo de nenos e nenas polo dìa.

Eleonora Nacarina è un nome complicado para que o saiban dicir os xurelos, as sardiñas, os calamares.... e chàmanlle LEO.

Pediulles òs nenos e nenas que fixeran un debuxo dela e que, a fins do mes, ela pasarìa polo mural no que lles pediu que os colocasen, a escoller o que màis se lle parecera.

Tivo grandes dificultades para decidirse.... pero ò fin escolleu.

Aì tendes un adianto.

Agora, imos pedir a un debuxante deses de renome que nos visitan por veces... que a acomode se è que o precisa.

¡E xa temos mascota!

Benvida, Eleonora Nacarina.

Benvida, LEO.

Esperamos que sexa o estìmulo para vir à bilbio de aqueles que aìnda non o fan, e unha compaña para tòdolos lectores e lectoras que xa temos.