Amosando publicacións coa etiqueta fotos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fotos. Amosar todas as publicacións

15.3.13

O mar e a memoria


Este sábado terá lugar un importante acto que, en realidade son dous: Primeiro, ás 12 do día, no momento en que o mercado de abastos está máis concurrido, inauguraráse a exposición fotográfica que leva este título e que recolle parte da memoria fotográfica de Malpica relacionada co mar. Este traballo impagable, débese ao labor de búsqueda e catalogación feito polo profesor Xurxo Alfeirán a comezos dos anos 80, que el desinteresadamente regalou ao Concello de Malpica e forma parte do arquivo municipal co nome de Malpica en fotos.
 Máis tarde, o profesor Alfeirán continuou a completar ese traballo. Mañá, polo tanto, veremos imaxes que estaban inéditas ata o momento.  El mesmo é o comisario da exposición.

Este trabllo concienzudo e valiosísimo, complétase co libro do investigador Fco. Xavier Redondo Aval (Pontevedra, 1964), titulado O mar e a memoria: o expediente Armesto.
A presentación do libro terá lugar ás 5 da tarde na sala de xuntas da Confraría de Pescadores de Malpica coa participación do propio autor así coma de Pancho Pillado coma director da Editorial Laiovento .

A continuación terá lugar o visionado e tertulia sobre fotografía histórica conducida polo comisario da exposición, o xa mencionado profesor Xurxo Alfeirán.

Saudamos este traballo con alegría pois sabémonos infinitamente pequenos no mapa do mundo pero, aínda así, temos unha historia como pobo que debemos conservar e transmitir ás xeracíons que nos seguen.
Este libro recolle unha pequena parte dela. Unha parte que xa non será preciso andar a pescudar: témola.
Polo que extendemos o noso agradecemento á editorial e ao investigador.

29.4.10

Hoxe le...



Esta é unha das actividades que levamos a cabo e que máis nos gustan.
Martes e xoves, no recreo, hai lecturas na biblio. Os maiores (a partires de 3º, se queren) le para os pequenos. Fánno dun xeito voluntario: quen quere anótase para facelo nunha plantilla que temos na biblio. Cando lle vai tocar o turno avisámoslles, dinnos que libro escolleron, publicitamos nuns espazos que xa temos para elo...¡e xa está!
Mentres tanto, a biblio non para: as profes traballan, o préstamo sigue...
Montamos as imaxes con esta nova ferramenta que nos achegou Charo.

2.3.10

Amor...¡e máis amor!


O prometido: reportaxe de imaxes da actividade coa que tanto disfrutamos.

8.1.10

Casas mimadas



Ás veces, as casas mostran unha man mimosa que estivo detrás no momento da súa construcción. Ás veces, os donos coidan especilamente do que teñen. Ás veces, os pobos síntense orgullosos das súas construccións e coidan delas. Ás veces...
Estas son algunhas imaxes tomadas quí e aló, case ó azar, deses mimos. Porque unha casa non é só unha construcción, tamén é un espello de quen a fixo, de cando se fixo, da comunidade que a conservou e de quen a habita na actualidade.
Ou eso creo...

29.12.09

Feliz 2010

De Collages

Esperamos que así sexa.
E usamos para expresar este desexo algunhas fotos do que foi a nosa actividade durante este primeiro trimestre do curso. Con elas, os nosos millores desexos para toda a comunidade da que formamos parte e para tódolos amigos e amigas que, desde calquera parte do mundo, nos acompañades no traballo de cada día.
De corazón:

o millor para todos e todas !!!

9.11.09

Muros en pé



Hoxe, que se conmemora a caída do muro que partía polo medio a cidade de Berlín, traemos a esta bitácora imaxes doutros muros que aínda están en pé. Separando.
Que é a función dos muros.
Para non esquecer.
E un enlace por se queres ampliar o que xa sabes

2.11.09

Samaín


Espantallos, cabazas, arañas e arañeiras... libros terroríficos... a biblio completamente a escuras... e Javier contando aquel conto que nos fixo saltar no aire (a min literalmente!).
Unha mañá de medo, medo.

13.3.09

Xoguetiños




Hoxe, en Cada día, descubrín este xoguetiño.
Un recurso máis dentro de slide
Seguro que, ós rapaces e rapazas lles encanta. Ten máis posibilidades que a que vedes aquí, así que...¡a explorar!

26.12.08

A Memoria do Mar


Estes días, que andamos on máis tempo libre podemos achegarnos ata o Museo do Mar de Galicia para ver a exposición fotográfica A Memoria do Mar.

Trátase dun traballo de recuperación de imaxes realcionadas co mar e procedentes de coleccións familiares (máis de 200 doantes).
Persoal do Museo percorreu 25 vilas mariñeiras de Galicia a través das confrarías de pescadores solicitando a colaboración dos veciños e veciñas que tiveran imaxes relacionadas co mar. Deste xeito escaneáronse máis de 4000 imaxes das que case 150 forman a esposición.

Foi inaugurada o pasado 22 de Decembro e pódese visitar en Vigo ata o 1 de Febreiro. Logo, percorrerá diversas confrarías.

A páxina, que aínda non é definitiva, conta cun buscador.

Para saber máis podedes ir á páxina de Federación Galega pola cultura marítima e fluvial, vía pola que nos chegou a nova.