Estamos en hora boa, o podcast de 5º de educación primaria resultou premiado no VII Concurso de Podcasts-Radio na biblio cunha produción propia, "A nosa herdanza", que recolle entrevistas a diversos membros da comunidade ou alleos á mesma e que gardan relación directa coa poesía popular oral, a que este ano se adica o Día das Letras Galegas 2025.
O podcast será difundido na páxina web da Radio Galega e na plataforma dixital A Galega Audio. A asignación do premio será destinada, tal e como recolle a convocatoria, a melloras no laboratorio de radio ou actividades relacionadas co seu funcionamento, sempre vinculado á biblioteca do centro.
Premendo no seguinte enlace accederedes á publicación realizada no blog do 3º ciclo de primaria, para informarse, para saber máis:
A NOSA HERDANZA DE 5º DE PRIMARIA
PARABÉNS A TOD@S! Produción propia que xa forma parte da grella de programas de Radio Balea, a Radio na biblio do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario