16.12.16

Premio Concello



Andrea Vila (2º de Primaria) foi a gañadora este ano do concurso de debuxo que organiza o Concello de Malpica para ilustrar o cartel de actividades municipais navideñas.
No día de onte, veu o alcalde darnos a nova e facerlle entrega a ela do Premio: un estupendo lote de libros que Andrea, que é unha gran lectora, recibiu chea de ledicia.
O cartel quedou bonito, bonito. Parabéns, Andrea!



Agradecemos as imaxes a Cristina Abelleira.

Ningún comentario: