15.12.22

Entrega Premio Concello Nadal 2022

 



No día de onte, mércores 14 de Decembro, achegáronse á biblioteca do cole o Sr. Alcalde, a Concelleira de Cultura e o Técnico de Cultura do Concello de Malpica a desvelar quen foi o escolar premiado no concurso de Nadal do Concello, sendo a afortunada:

Valentina Ordóñez Suárez, de 3º Educación Primaria

Parabéns Valentina, o seu debuxo foi o seleccionado para decorar o cartel das actividades do Concello deste Nadal, Valentina recibiu un lote de libros que non tiña repetidos polo que estaba moi contenta e ademais puideron acompañala todos os seus compañeiros e compañeiras.




Ningún comentario: