Amosando publicacións coa etiqueta lectura e familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectura e familias. Amosar todas as publicacións

18.6.26

Lectura e Familias: concerto de Pakolas

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

No día de hoxe, pechamos o programa Lectura e Familias 2025-26 co concerto de Paco Cerdeira, Pakolas, con As máis molonas!

Un concerto para toda a comunidade, celebrando o acto da lectura en múltiples formatos, entre eles contar e cantar.

Agradecid@s a Pakolas polo seu rock infantil que, narrado con música e humor, gustou a peques e maiores.

21.5.26

Lectura e Familias 2025-26

Un curso máis, e xa van catro, desenvolvemos o programa Lectura e Familias: educa-tribo.

Un programa que permite a lectura compartida coas familias e entre iguais, así como sesións formativas.

Achegamos listaxe das actividades que se inclúen no programa:

  • Hoxe le..., sesións de lecturas compartidas entre iguais.
  • Educa-tribo, sesións formativas impartidas polas familias: lámpadas de lava, calceta, pintura e flores con lazos.
  • Concerto de Pakolas, As máis molonas!, programado para pechar o curso escolar.

Agradecid@s a toda a comunidade pola súa colaboración e implicación na implementación do programa, que inclúe actividades xa sistematizadas na nosa biblioteca.

Felices lecturas!

29.5.25

Lectura e Familias: Migallas Teatro

Convidamos a toda a comunidade, a partir das 12:00 h., a pechar o programa Lectura e Familias con Migallas Teatro no adro da igrexa de Malpica, se o tempo o permite, en caso contrario a función desenvolverase no colexio.

Animádevos a pasar unha divertida xornada... en familia!

Chegou o día e, por causas alleas ao centro, pechamos o programa Lectura e Familias con Carlos Yuste de Migallas Teatro na nosa biblio e celebrando o Día do Medio Ambiente: contos naturais, pan de milllo... Unha xornada con gran afluencia de familias, ás que agradecemos a súa asistencia, e do máis divertida entre contos e cantos.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

22.5.25

Lectura e familias: educa-tribo

Un curso máis, e xa van tres, desenvolvemos o programa Lectura e Familias: educa-tribo.

Un programa que permite a lectura compartida coas familias e entre iguais, así como formación para toda a comunidade.

Achegamos enlaces ao álbum de fotos das lecturas compartidas e das formacións, premer en cada título para acceder:

  • Hoxe le..., sesións de lecturas compartidas entre iguais.
  • Nadal en familia! impartido por diversas familias, baixo a organización de cada titoría.

Agradecid@s a toda a comunidade pola súa colaboración e implicación na implementación do programa, que inclúe actividades xa sistematizadas na nosa biblioteca.

O vindeiro curso máis lectura e familias!

 

19.12.24

Educa-tribo aulas: Nadal en familia!

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Ao longo do mes de decembro e grazas á colaboración das familias, as aulas desenvolveron diversos educa-tribo para celebrar a chegada do Nadal... en familia!

Nos diversos blogs de ciclo aparecen os educa-tribo implementados, creatividade en acción: adornos, sobres, postais, pompóns, galletas, minilibros e ata teatro na biblio.

Agradecid@s a todas as familias colaboradoras: educa... a tribo enteira!

24.5.24

Lectura e Familias: educa-tribo


Presentamos dous resumos audiovisuais do desenvolvemento do programa Lectura e Familias ao longo do curso 2023-24, no cal enmarcamos o noso proxecto Educa-Tribo: lectura e formación.

Ao tempo, achegamos enlaces aos álbums de fotos das lecturas compartidas e das formacións, premer en cada título para acceder:

  • Xogos de mesa impartido por Leticia, Noa e Mara P. de 6º de primaria

Un curso máis, agradecemos a colaboración da comunidade: familias, nen@s e profesorado.

O vindeiro curso, en comunidade, máis lectura por placer e para informarse.

7.5.24

Lectura e Familias: "O libro máxico" de Migallas Teatro

 Lectura e Familias

O vindeiro luns 13 de maio, ás 16:00 horas, na nosa biblio contaremos con Migallas Teatro e a súa función "O libro máxico"

O programa Lectura e Familias posibilita, un curso máis, que poidamos dinamizar actividades culturais para a nosa pequena comunidade.

Diversión e aprendizaxe para tod@s.

Achegamos o álbum de imaxes da xornada tan divertida que vivimos na nosa biblio con Migallas Teatro. María e Carlos leváronnos por mundos máxicos grazas a... UN LIBRO! Nen@s e familias gozaron xunt@s, valorando o poder máxico da lectura.

Lectura e Familias: Migallas Teatro
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

7.6.23

Educa-Tribo: lectura e familias_3º trimestre

Presentamos o desenvolvemento do proxecto Educa-Tribo, enmarcado no programa Lectura e Familias, ao longo do 3º trimestre.

Un trimestre no que lecturas e formacións, con familias e entre iguais, foron a clave para desenvolver actitudes, habilidades e coñecementos.

Unha verdadeira marabilla cada sesión de lecturas compartidas Hoxe le...; así como cada un dos educa-tribo nos que @s expert@s, de maneira totalmente altruísta, compartiron os seus coñecementos, a súa experiencia cos demais.

Cortiza comunidade in-FORMÁNDOSE!

Parabéns e grazas a nen@s e... familias!

Continuará...

9.5.23

Lectura e Familias con Sonia Hermida


 Así pechou Sonia Hermida a súa fantástica formación ao redor da literatura e os libros.

Sonia foi levándonos por diversidade de temáticas e xéneros de calidade contrastada, como os exemplares que conforman a nosa biblio e outros novos que nos foi descubrindo e que pronto formarán parte do noso catálogo.

Lectur e Familias con Sonia Hermida

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un pracer contar con formación de altísima calidade, grazas a programas como Lectura e Familias, que nos permiten seguir medrando en aprendizaxes de vida.

3.5.23

Lectura e Familias: formación con Sonia Hermida

Lectura e Familias

O vindeiro luns 8 de maio, dentro do programa Lectura e Familias, desenvolveremos unha nova sesión de formación da man de Sonia Hermida.

Sonia Hermida é xornalista especializada no ámbito da educación, mediadora e investigadora en Literatura Infantil e Xuvenil. Asemade, é colaboradora da cadena SER co espazo semanal Jugando a criar en Radio Coruña. 

Convidamos a todas as familias, de 16 a 17 horas, a seguir coñecendo e seleccionando lecturas de calidade para compartir en familia.

24.4.23

Lectura e Familias con Charo Pita

Premer na imaxe para acceder á galería

Unha tarde abrazando palabras coa marabillosa Charo Pita, que abarcou o fabuloso, as brincadeiras, os cantos e os contos.

Familias, nen@s e profesorado saímos encantad@s da sesión de formación impartida dentro do programa Lectura e Familias, a cal aproveitamos para facer entrega do tríptico informativo e duns marcapáxinas de agasallo.

Tríptico Lectura e familias

17.4.23

Lectura e Familias: formación con Charo Pita

Lectura e Familias_Charo Pita

O vindeiro luns 24 de abril, conmemorando o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, contaremos con Charo Pita para seguir formándonos no marabilloso mundo dos libros e a lectura.

Dentro do programa Lectura e Familias convidamos a familias e nen@s de 3 a 9 anos a divertirse explorando e estreitando as relacións familiares, abrazando non só co corpo, senón tamén... coas palabras! 

29.3.23

Educa-Tribo: lectura e familias_2º trimestre

Presentamos o desenvolvemento do proxecto Educa-Tribo que enmarcamos dentro do programa Lectura e familias.

Un trimestre de lecturas e formacións compartidas entre iguais e coas familias, un trimestre no que nos divertimos aprendendo... xunt@s!

21.12.22

Educa-Tribo: Hoxe le..._1º trimestre

Presentamos, en formato audiovisual, o resumo das lecturas compartidas ao longo do 1º trimestre dentro do proxecto Educa-Tribo: Hoxe le...

Proxecto que iniciamos no presente curso para seguir educando en comunidade e que organizamos en dúas liñas: lecturas compartidas e formacións compartidas.

Asemade, presentamos o proxecto ao programa Lectura e Familias convocado pola Consellería de Educación mediante a Asesoría BEGA e fomos seleccionados, coa dotación económica correspondente, para seguir impulsando a participación da comunidade na tarefa de tod@s: EDUCAR xunt@s!

O vídeo contén os audios cos que iniciamos e pechamos cada sesión Hoxe le..., audios extraídos dos audiocontos de Editorial Galaxia que ambientan cada sesión e tanto gustan a pequen@s e maiores.

Premer no seguinte enlace para acceder ao álbum de fotos:

Educa-Tribo: Hoxe le...

Continuaremos... no 2023!