23.10.20

Xornadas Biblioteca Creativa 2020

As Xornadas Biblioteca Creativa 2020 celebraranse presencialmente e en liña os días 
26 e 27 de outubro.

O noso colexio foi convidado a participar para compartir a nosa experiencia coa posta en marcha dos Laboratorios de Aprendizaxe LeoLab, que será presentada polas mestras Marta Couto e Fátima Romero.

Agradecemos a confianza depositada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, unha vez máis, no noso proxecto de colexio, de Biblioteca Escolar.

Achegámosvos a presentación que levamos ás Xornadas, continuando no camiño da innovación educativa sempre: curricular e para todos e todas.

Ningún comentario: