Amosando publicacións coa etiqueta Muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Muller. Amosar todas as publicacións

11.3.22

Formación con Julia de la Cal: estrutura de vimbio

Un curso máis, a Asesoría de Bibliotecas Escolares, concedeunos un obradoiro dentro do programa Biblioteca Creativa, este ano dirixido a toda a comunidade educativa: alumnado, familias, profesorado.

Dentro das moitas actividades ofertadas, moi interesantes e funcionais, decidímonos pola realización de obradoiros para a creación dunha estrutura de vimbio con Julia de Cal; xa que dentro do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!,  neste trimestre traballamos os oficios tradicionais de Malpica e Costa da Morte, e en marzo dirixido ao traballo realizado por Mulleres. 

Foi unha actividade moi enriquecedora, de forma que ao remate das xornadas conseguimos, co traballo en equipo, un espazo de vimbio para o tempo de lecer, de lectura, de tranquilidade e de xogo, un produto realizado entre tod@s e para tod@s, como comunidade educativa que somos.

Premendo na imaxe accederedes á galería de fotos das diferentes xornadas desenvoltas ao longo do xoves 10 e venres 11 de marzo. 

Agradecer á Asesoría esta oportunidade de aprendizaxe, a Julia de la Cal por achegarnos un oficio tradicional tan bonito e pola súa implicación; así como a todas as familias que puideron vir ao cole para colaborar con nós, INFINITAS GRAZAS!!!!

26.3.21

Lab. de Ideas: cociñando con-Ciencia!

Chegamos ao final do 2º trimestre deste singular curso 2020/21 presentando as tarefas desenvoltas, ao longo do mes de marzo, no Laboratorio de Ideas: cociñando con-Ciencia!

Un laboratorio con ingredientes moi saborosos e valiosos como: igualdade de xénero, experimentación, estereotipos, visitas, receitas de vida... A integración de todos eles cociñouse con corazón para dar coma resultado receitas vivenciais moi significativas para TODOS/AS: desenvolvemento das competencias.

Na seguinte listaxe poderedes acceder ás entradas de cada grupo-aula promocionadas  na bitácora dos Laboratorios de Aprendizaxe:

Parabéns a TOD@S polas vosas producións, a vosa emoción aprendendo, día a día, para ser cidadáns competentes con pensamento creativo e crítico!

Feliz descanso, voltamos no 3º trimestre con novas propostas de actividades creativas.

8.3.21

Leo le...IGUALDADE DE XÉNERO!

Hoxe, 8 de marzo de 2021, celebramos o Día Internacional da Muller lendo por e para a igualdade de xénero.

Na Hora de Ler, ao longo desta semana, os libros que conforman esta exposición "Leo le...IGUALDADE DE XÉNERO!" viaxarán ás aulas para ser lidos polo profesorado e ser alimento para tod@s na redución de desigualdades.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da exposición.

Ao longo do mes de marzo estamos a desenvolver o Laboratorio de Ideas arredor da cociña como laboratorio caseiro de aprendizaxe e da Muller: corresponsabilidade e conciliación familiar, oportunidades e condicións laborais, estereotipos/tópicos de xénero na literatura, na familia, na sociedade...

Seguimos educando en igualdade de xénero por e para tod@s: nenas e mulleres fortes e libres sempre!

 

8.10.20

Mulleres e Premio Nobel


 

En tempos de COVID-19 non todo van ser malas novas.

No día de onte, 7 de outubro, DÚAS MULLERES CIENTÍFICAS foron galardoadas co PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 2020: 

Emmanuelle Charpentier e Jennifer A. Doudna


E no día de hoxe, 8 de outubro, outra fantástica nova porque o PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2020 recae nunha MULLER POETA: 

Louise Glück 

Picando nos nomes das premiadas accederedes á nova.

A continuar coeducando, educando en igualdade de xénero e que...
as nenas sexan o que queiran ser!


9.3.20

Muller e Ciencia: Isabel Zendal Gómez (1º e 2º)

Esta semana conmemoramos a Semana da Muller 2020 viculándoa coa Ciencia.
Por iso seguindo o noso proxecto reproducimos a biografía de Isabel Zendal no Laboratorio de Imaxe empregando a técnica croma e reutilizando os nosos disfraces de Entroido.
E velaquí o resultado que presentaremos o vindeiro xoves 12 na nosa biblioteca aos nosos compañeiros e compañeiras despois de que cantemos a canción "Isabel Zendal" dos Lunnis.
A disfrutar da primicia e esperemos que vos guste!

8.1.20

Mulleres e Ciencia

Comezamos co segundo trimestre e abordamos o tema da Ciencia. Imos propoñer diferentes escenarios para o traballo e un deles será o de Mulleres e Ciencia.
Xa está no forno o concurso de Mulleres científicas. Tamén a proposta para o Día da Paz, na que definiremos o noso virus malvado e tamén a vacina para inmunizarnos contra del.
Neste trimestre seguiremos ampliando o noso coñecemento sobre o uso de Radio Balea con talleres para alumnado e profes.

8.4.19

Muller e ciencia

Mirade que fermosos traballos fixeron os escolares de 4º e 6º investigando biografías de mulleres que adicarton as súas vidas á investigación, prewferiblemente ás disciplinas que teñen que ver co mar.

15.3.19

Semana da muller

Rematamos hoxe unha intensísima Semana da Muller na que convidamos a vir ás aulas mostrarnos os seus coñecementos, ás nais, irmáns, avoas... que teñan, ou teñen tido, traballos relacionados coa actividade mariñeira.

Así, recibimos: armadoras, redeiras, tratantas, estivadoras, oficiais de puente... cada unha convocada á aula na que está o/a seu familiar.

Foi unha experiencia moi singular polo didáctica e tamén polo emocionante.

Iremos editando os materiais en que foron recollidas as visitas (programas de radio, video, fotografías, pistas de audio...) e publicando todos.

De momento, ilustramos coa imaxe da redeira máis nova de Malpica: Olaia García, nai de Uxía Añón de 6º de primaria.
Grazas!

7.3.19

Día da muller traballadora: Redeiras

Hoxe recibimos a Charo, redeira profesional que forma parte da Asociación de Redeiras O Fieital dentro das nosas actividades arredor do Día da Muller Traballadora.

Charo explicounos en que consiste o seu traballo e respondeu moi didácticamente as preguntas que lle fixeron. Por exemplo:
-Onde é o cole das redeiras?- preguntou un alumno de 5 anos. Ao que ela respondeu que, normalmente, no porto pero pode ser en calquera lugar no que haxa alguén que ensine o oficio.

Agradecemos a colaboración destas mulleres que se multiplican para poder atendernos sen deixar de facer o seu traballo.

11.3.18

Día da Muller en 5º

Resutado do traballo de investigación que fixeron os nenos e nenas de 5º encol de mulleres célebres.

10.3.17

Maruja Mallo. Vida e obra

Presentamos parte do traballo elaborado polo alumnado de 6º de Primaria encol da figura de Maruja Mallo. O traballo está insertado no noso PDI sobre pintura e pintores, así coma na celebración do Día Internacional da Muller Traballadora.

Luís Seoane: a muller na súa pintura

Traballo realizado polo alumnado de 5ºA co gallo do Dia Internacional da Muller

Viki Rivadulla. Biografía

Biografia Viki Rivadulla_2017 from bemilladoiro on Vimeo.

O alumnado de 1º de primaria, coa súa profe Fátima Romero, agasalláronnos esta presentación coa biografía da pintora muxiá Viki Ribadulla. Unha fermosura!

8.3.17

MULLER TRABALLADORA E TIC.

Hoxe, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora facendo diferentes actividades e algunhas delas gustáronos moito porque estaban relacionada coas novas tecnoloxías. Por unha parte, estivemos xogando cos escornabots unindo cada muller traballadora do circo de Botero co seu utensilio que precisa para actuar. E, por outro lado, fumos investigar que pintara uns cadros que tiñamos no corredor, pensando que foran todos homes os que os pintaran. Que sorpresa levamos cando acercamos a tablet e aparecía a autora do cadro, sendo todas mulleres: Maruja Mallo, Menchu Lamas, Xulia Minguillón... Podedes ver todas as fotos destas actividades premendo no seguinte enlace: mulleres traballadoras.




BOTERO E AS MULLERES TRABALLADORAS(5º E.I.)




BOTERO2 from Sandra on Vimeo.

9.3.16

Visita de Viki Rivadulla

Viki Rivadulla from bemilladoiro on Vimeo.

Hoxe visitounos a artista plástica Viki Rivadulla. Tivo un encontro cos nenos e nenas de Ed. Infantil e, máis tarde, cos de 4º nivel. Sempre é un placer achegar aos nenos e nenas a persoas que lles transmiten coñecementos sobre o seu traballo e moito máis cando o traballo é tan bonito, tan cheo de forza e de cor e forma parte de algo que nenos e nenas fan a diario: PINTAR. Agradecemos desde aquí a boa disposición da pintora e escultora muxiá que non só non puxo ningún inconvinte senón que traballou con eles chea de ledicia. grazas!

8.3.16

Día da muller traballadora


Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller traballadora. Rescatamos para vós un feixe de biografías de mulleres galegas que co seu traballo contribuíron a que o mundo fose mellor:

25.11.15

Contra a violencia de xénero: o Concello de Malpica

O Servizo de Igualdade do Concello de Malpica puxo en marcha esta iniciativa na que congrega a diferentes sectores. Concelleiros, redeiras, colexios... reunidos para un obxectivo común: acabar coa violencia contra das mulleres. Este foi o resultado.

11.3.15

1º: Rosalía de Castro

Os/as pícaros/as de 1º traballamos, con moito esforzo, a biografía de Rosalía de Castro. Esperamos que vos guste.
ROSALIA DE CASTRO from bemilladoiro on Vimeo.