"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
Amosando publicacións coa etiqueta atadora b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta atadora b>. Amosar todas as publicacións
14.3.12
Charla sobre o oficio de redeira
Hoxe recibimos a visita da Presidenta da Asociación de Redeiras O Fieital: Ángeles Millé, para poñer o remate á investigación sobre as redeiras que emprendimos con motivo do Día Internacional da Muller traballadora.
Os nenos e nenas de 5º A, con toda a información recollida, prepararon unha pequena exposición oral que apoiaron nas imaxes conseguidas nestes días e que, coma tel´n de fondo, acompañaron as súas explicacións.
Convocamos na biblioteca a tódolos cursos que non acudiran á actividade organizada polo Concello e... o resultado téndelo nas imaxes.
Nos vindeiros días, no blogue do 3º ciclo, irán publicando as súas aportacións.
Como dixo a Sra. Presidenta: esta actividade era necesaria porque explica, porque fai entender e porque dá visibilidade.
Nós quedamos satisfeitos.
Etiquetas:
animacion à escritura,
atadora,
malpica
8.3.12
Taller coas atadoras
Pola tarde, tivemos un taller no Centro Cívico coa Asociación Profesional de Atadoras O Peirao.
Nenos e nenas aprenderon moitas cousas estes días, xa as contarán eles nos informes que andan a facer pero, así, de entrada, o que todos aprendimos foi que un traballo que tradicionalmente se facía nas casas coma unha parte máis do traballo invisible das mulleres, hoxendía ten o recoñecemento dun labor profesional e como tal é remunerado e valorado.
As nosas atadoras, artesás e profundamente coñecedoras do seu oficio, viaxan a onde as chamen (e chámanas de moitos sitios!) tanto a facer como a reparar toda clase de aparellos.
Aprender é complexo e elas queixanse de que lles falta o relevo xeracional.
Veremos como se nos dá o futuro.
De momento, están asociadas (desde 2004), son as súas propias xefas, milloraron considerablemente as súas condicións laborais e deron a coñecer que ESO que fan é unha profesión MOI especializada.
Tamén para esto vale o Día Internacional da Muller traballadora.
Etiquetas:
atadora,
Día da Muller,
malpica
7.3.12
Atadoras de Malpica
Mañá, Día Internacional da Muller Traballadora, faremos unha actividade preparada polo Concello de Malpica sobre esta profesión que, en Malpica, é feminina.
Prometemos: máis entrevistas, fotos das atadoras e un informe do que aprendemos.
Etiquetas:
atadora,
Día da Muller,
malpica
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)