"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
19.12.25
20.12.24
Bo Nadal e Feliz 2025!
Bo Nadal e Feliz 2025 de bibliotecamilladoiro
19.12.24
Educa-tribo aulas: Nadal en familia!
Ao longo do mes de decembro e grazas á colaboración das familias, as aulas desenvolveron diversos educa-tribo para celebrar a chegada do Nadal... en familia!
Nos diversos blogs de ciclo aparecen os educa-tribo implementados, creatividade en acción: adornos, sobres, postais, pompóns, galletas, minilibros e ata teatro na biblio.
Agradecid@s a todas as familias colaboradoras: educa... a tribo enteira!
21.12.23
Xincanadal 2023
Damos a benvida ao Nadal cunha xincana na que cada grupo internivel tivo que superar diversos retos: circuítos eléctricos, motrices, formación de usuari@s, robótica... para conseguir a letra que completaba o lugar onde tiñan que recoller o seu regalo, unhas bolsas individuais de cotillón para pechar a xornada practicando as 12 badaladas de fin de ano.
Unha xornada na que os retos navideños nos permitiron gozar do traballo en equipo e a celebración en comunidade. Premendo no seguinte enlace accederedes á galería de fotos da xornada:
Bo Nadal e... atención a cada badalada!
Postais de Nadal 2023

A comezos do mes de decembro, a nosa serea lectora, Leo, deixou na biblio varias bolsas de Nadal, unha por aula, con agasallo e carta para animar a crear postais de Nadal porque o Nadal é tempo para comunicar.
Todas as aulas realizaron as súas propias creacións que aquí recollemos e premendo no nome de cada aula accederedes á publicación que realizaron nos diversos blogs de ciclo, nos cales ademais de presentar a súa produción tamén recollen a contestación da comunidade á que remitiron a postal.
Parabéns, unha vez máis, por comunicar tan ben.
Depedímonos ata o vindeiro ano 2024 coa postal de Nadal que Leo deixou en cada aula. Na imaxe a postal de 4º de infantil.
20.12.23
"Caxoto, un paxe en apuros"
Caxoto contou, cantou e ata recolleu as cartas para as Súas Maxestades de Oriente, que esperemos traian todo o pedido.
Agradecid@s á ANPA por agasallarnos unha entretida mañá na compaña dun paxe... en apuros!
5.12.23
Exposición de Nadal 2023
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Un ano máis, chegan as luces e os agasallos de Nadal: chegan os libros!
Os libros brillan con luz propia para emocionar, para saber, para ler en viñetas... para tod@s!
A nosa humilde homenaxe a O Hematocrítico, falecido o pasado 27 de novembro, que tanta luz nos deixa coa súa obra e parte da cal quixemos destacar na zona colgante da exposición. O noso máis sentido pésame para os seus seres queridos. O Hematocrítico sigue vivo en cada un dos seus libros e só nos queda dicir o que recolleu Ruth Caramés na súa viñeta do diario Nós:
GRAZAS!
A guía de Nadal 2023, que xa está na imprenta e en formato dixital nunha próxima publicación, será entregada o último día lectivo para que poidades pedir os vosos regalos en forma de libro, para iluminar o voso Nadal e... todos os días do ano!
1.12.23
20.12.22
Visita dos Reis Magos
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Hoxe @s nen@s de E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria recibiron a visita dos Reis Magos na nosa Biblio.
A entrada maxestuosa foi pola colorida porta do noso LeoLab que conecta coa Biblio e tod@s quedaron encantad@s de poder entregarlles as súas cartas.
Asemade, visitaron as aulas de 2º e 3º ciclo de E.P. para saudar ao resto de compañeir@s do cole.
Agradecemos a nosa ANPA Ventorrillo que fixera posible a visita real.
Seguro que tod@s recibirán os agasallos que pediron, ata entón a seguir gozando do Nadal xunt@s!
Galioke 2022
Premer na imaxe para acceder á galería de imaxes
da xornada Galioke 2022
Presentamos o cartel do Galioke 2022 co que pecharemos o 1º trimestre 2022/23 para conmemorar un Nadal... xunt@s!
19.12.22
Árbores de Nadal... galitecnolóxicas!
Presentamos, en formato audiovisual, as árbores de Nadal que este curso, seguindo o PDI que nos ocupa, contan con adornos galegos e... tecnolóxicos!
Celebramos un Nadal cheo de cores propias e placas Micro:Bit que foron programadas por tod@s, grazas á formación impartida pola mestra Marta.
Un Nadal... á galega!
7.12.22
Exposición de Nadal 2022
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
Presentamos a segunda exposición do 1º trimestre, esta adicada ao Nadal.
Unha exposición que acolle exemplares na nosa lingua para explorar diversos mundos lectores: poesía, banda deseñada, de consulta, narrativa, música...; atendendo a temáticas varias e educación en valores para a vida.
Algúns dos exemplares recóllense na guía de Nadal 2022 que entregaremos a toda a comunidade educativa o último día lectivo do trimestre porque...
AGASALLAR UN LIBRO É AGASALLAR...
O MELLOR AMIGO!
1.12.22
22.12.21
Festa de Nadal 2021
Rematamos este trimestre cunha gran festa de Nadal na que puidemos desfrutar do chocolate con churros, organizado pola ANPA do CEIP Milladoiro e tamén da música tradicional, grazas a participación dun grupo de mestras e alumnos/as que foron coordinados pola mestra Susana Álvarez Mato. Esta formación creouse para a festa de Nadal pero tras o gran éxito acadado seguirán amenizando as próximas festas case seguro. Damos as grazas a cada un deles polo seu esforzo e traballo:
- Susana Álvarez (gaita).
- María Mascuñana (pandeireta)
- Daniella Cotelo 5º E.P. (pandeireta)
- Bruno Folla 3º E.P. (bombo)
- Antón Barrul 6º A E.P. (tambor)
- Pablo Varela 6º B E.P. (pandeireta)
A continuación tedes un vídeo resumo da xornada e ao final do mesmo algúns dos bailes que realizaron:
21.12.21
BO NADAL E FELIZ 2022!
Toda a comunidade educativa quere agradecervos o voso apoio, a vosa confianza e o voso cariño durante este ano tan complicado, 2021.
Lab. Ideas: Nadal Natural!
Presentamos o produto final do Laboratorio de Ideas, proposta do equipo creativo, para celebrar un...
Nadal Natural!
Agradecer a colaboración das familias na creación dos mesmos: creatividade natural, reutilizando.
Felices Festas a tod@s, coidándose!
Nadal no Milladoiro!
Presentamos... Nadal no Milladoiro!
Dous produtos audiovisuais coordinados polo mestre de Música, Alfonso, para festexar o Nadal no Milladoiro.
Felicitamos @s nen@s polo gran traballo realizado, por transmitirnos día a día a súa ilusión e felicidade a pesares de todos os protocolos sanitarios que debemos cumprir.
Felicitar ao mestre Alfonso polo gran traballo de organización, produción e edición para poder vernos tod@s xunt@s nun Nadal no que seguimos sen ter "normalidade", pero que nunca nos falte un sorriso, unha canción que cantar e bailar.
Un fermoso agasallo nun Nadal singular.
20.12.21
VISITA DO CARTEIRO REAL
Hoxe recibimos unha visita moi especial: O CARTEIRO REAL!!!!!!
Xa que os Reis Magos teñen moito traballo, enviaron ó seu carteiro real a recoller as cartas que con tanta ilusión fixemos.
Os peques de 4º e 5º EI esperamos con moito nervio na biblioteca, xa que o carteiro e a súa axudante estaban na aula de 1º e 2º de Primaria.
Tras entregarlle as nosas cartas e as dos compis que hoxe non puideron vir á escola, recibimos unhas deliciosas chuches por ser moi bos e boas e por esforzarnos e traballar tanto este trimestre.
FELICES FESTAS A TOD@S!!!!!
Alfabetización informática: coñecendo Micro:bit
Rematamos o 1º trimestre traballando a alfabetización informática a través da programación!
Nos últimos días todo o alumnado, grazas á formación impartida pola mestra Marta (coordinadora do equipo tecnolóxico), achegouse a un novo material xa dispoñible no noso Leolab: a placa Micro:bit.
Durante estas sesións formativas, e en función das idades e capacidades do alumnado, coñecemos a linguaxe de programación a través da plataforma Makecode (moi parecida a Scracht), e configuramos cada placa con luces leds: mensaxes e música navideña para adornar as árbores de Nadal de cada aula.
O programa que empregamos deixámolo no seguinte enlace, por se algunhas das peticións aos Reis Magos é un kit Micro Bit para seguir aprendendo, creando; pois saímos encantados da sesión.
Programa o teu Micro Bit
Nos seguintes enlaces accederedes á galería de fotos das diferentes sesións:
10.12.21
Exposición Nadal 2021
Pechamos o 1º trimestre coa Exposición Nadal 2021: exemplares para contar, para informarse, emocionarse, compartir...
Premendo na imaxe accederedes á galería.
Seguimos crendo que o mellor agasallo é... UN LIBRO!









.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)




