Amosando publicacións coa etiqueta publicidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta publicidade. Amosar todas as publicacións

20.4.10

Rico, rico...

No mes de outubro celébrase en Australia a The Sydney International Food Festival, e a axencia publicitaria a quen lle encargaron os traballos tivo esta xenial idea: facer as bandeiras de cada país participante con productos comestibles típicos.

Ese que vedes aí foi o suculento e exquisito resultado.

A ver: primeiro identifica o país que corresponde con cada bendeira e despois... ¡fainas!

Podes incluir bandeiras que non están no cartel. Excelente ocasión para documentarse ¿a que si?
¿Con que farás a galega? ¿e a española?...Segue...
Vímolo no blog de Paco

8.1.10

Doutro tempo

Canto onte falaba de publicidade lembrei estas fotografías que fixen este vran pasado nunha rúa de Figuéres (Girona).
Trátase de mosaicos publicitarios que figuran á porta de diversos establecementos. Na meirande parte dos casos só se conservan os mosaicos pois os negocios foron mudando.
Ó velos conmoveume ese derroche de tempo e cartos, ese concepto de permanente na publicade que choca coa concepción que hoxe temos porque ...
...¿coñeces algo que dure menos atalhora que un slogan publicitario?
Ben, aí quedan para que os vexades.

Eu non fun capaz de averiguar de que ano son, supoño que do primeiro cuarto do século pasado pero non o sei. Tal vez os nosos amigos do Ceip. San Jordi poidan boarnos unha man nesto.

7.1.10

Gústame ler

Comezo o ano mirando este pequeno video que nos envía unha boa amiga desta biblioteca.
O vídeo forma parte da campaña publicitaria para o lanzamento da web dun grupo editorial pero xa sabedes que nesto da publicidade hai de todo e, neste caso, é un producto moi bonito e moi motivador.
Para min, unha excelente maneira de relatar que é a lectura.
E unha excelente maneira de comezar as publicacións blogueiras deste 2010 para o que tantos plans temos.
¡Disfrutádeo!

25.6.09

Un toque de autoestima

Hoxe, pareceume que nos viña ben un toque de autoestima e lembrei esta campaña publicitaria que tanto nos sorprendeu no seu momento.
Por se precisamos botar man dela para seguir a andar o camiño.
Para nunca esquecer quen somos. Que, quen esquece a raíz non medra con fundamento.

11.11.07

vivamos como galegos

¡Canta alegrìa nun anuncio televisivo! ¡Canto respeto!
Cando vai facer cinco anos de aquel 13 de novembro que tantas cousas cambiou...este anuncio ponnos , de novo, as pilas.
¡Que non todo vai ser lixo na publicidade!
¡A disfrutar!