Amosando publicacións coa etiqueta presentación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta presentación. Amosar todas as publicacións

26.9.23

Presentación "As crebas da memoria"

Presentación
Presentación

No día de hoxe, recibimos a visita de Olga Rodríguez, compañeira e mestra no Milladoiro desde a súa apertura, a cal adicou os seus primeiros anos de xubilación á obra que nos presentou e nos regalou a familias e profesorado: "As crebas da memoria".

O libro ou artefacto, termo que ela escolleu, recolle 36 narracións de tradición oral, índices temáticos, xeográficos e códigos QR para seguir as rutas. Un agasallo en estreita relación co PDI NÓS  que pechamos o pasado curso, o patrimonio inmaterial.

O alumnado do 3º ciclo de primaria puido descubrilo un pouco máis polo miúdo, grazas á exposición e lectura de Olga, ademais da sinatura de exemplares.

Agradecid@s polo agasallo e a seguir valorando, conservando e transmitindo o noso patrimonio tal e como fixo Olga.

19.10.22

Cancioneiro de Buño: presentación na sede da RAG

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Cancioneiro de Buño, un dos exemplares doado polo Concello de Malpica a nosa Biblioteca, foi presentado, no día de onte, na sede da Real Academia Galega.

A esta presentación asistiu o noso alumnado de 5º e 6º de Primaria acompañados polos seus titores. Na presentación deron boa conta das coplas recollidas no libro que aúna dous mundos creativos: a olería e a literatura popular. Premendo na seguinte imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Imaxe Real Academia Galega

Voltaron da presentación co noso exemplar asinado polo editor literario, o cal recolle na dedicatoria a importancia de valorar e salvagardar o noso rico pasado.

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Agradecemos a doazón dos exemplares por parte da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do noso Concello, así como a saída complementaria do noso alumnado para asistir á presentación na sede da RAG.

Educando en comunidade!

Axenda 2030: ODS 4