Amosando publicacións coa etiqueta criaturas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta criaturas. Amosar todas as publicacións

8.12.14

Criaturas. Revista de LIX

Esta fin de semana trouxonos unha excelente nova no terreo dos libros e a lectura: o nacemento da revista Criaturas. No editorial, os promotores din:

 "...Queremos que esta criatura inicie un vieiro que terme dos pasos das persoas que a escriben, a ilustran, as que a difunden, as que a estudan e, de xeito especial, as que a len e só esperan atopar en cada páxina unha emoción inesquecíbel. O único contrato pechado é o compromiso coa LIX en xeral e a galega en particular."

Para cantos participamos dun ou doutro xeito neste mundo é unha excelente noticia pois anque sabemos que contamos cunha das LIX máis fecundas do panorama mundial, cousa que atestiguan os reiterados premios que reciben as nosas editoriais e autores/as en cantos certames se celebran no mundo, non dispoñiamos dun espazo de reflexión e debate, dun escaparate conxunto.
Agardamos pois, para esta Criatura, unha longa vida que nos alimente a todos/as no noso labor cotiá.

 "A criatura xa naceu. Pronto abrirá a súa boca para se alimentar. E entón precisará de todas e todos nós. Contamos co entusiasmo das cousas que empezan e coa ilusión dunha viaxe da que descoñecemos o paradoiro. Pero ningunha aventura de verdade ten os mapas de todos os mundos."