Amosando publicacións coa etiqueta educa-tribo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educa-tribo. Amosar todas as publicacións

21.5.26

Lectura e Familias 2025-26

Un curso máis, e xa van catro, desenvolvemos o programa Lectura e Familias: educa-tribo.

Un programa que permite a lectura compartida coas familias e entre iguais, así como sesións formativas.

Achegamos listaxe das actividades que se inclúen no programa:

  • Hoxe le..., sesións de lecturas compartidas entre iguais.
  • Educa-tribo, sesións formativas impartidas polas familias: lámpadas de lava, calceta, pintura e flores con lazos.
  • Concerto de Pakolas, As máis molonas!, programado para pechar o curso escolar.

Agradecid@s a toda a comunidade pola súa colaboración e implicación na implementación do programa, que inclúe actividades xa sistematizadas na nosa biblioteca.

Felices lecturas!

22.5.25

Lectura e familias: educa-tribo

Un curso máis, e xa van tres, desenvolvemos o programa Lectura e Familias: educa-tribo.

Un programa que permite a lectura compartida coas familias e entre iguais, así como formación para toda a comunidade.

Achegamos enlaces ao álbum de fotos das lecturas compartidas e das formacións, premer en cada título para acceder:

  • Hoxe le..., sesións de lecturas compartidas entre iguais.
  • Nadal en familia! impartido por diversas familias, baixo a organización de cada titoría.

Agradecid@s a toda a comunidade pola súa colaboración e implicación na implementación do programa, que inclúe actividades xa sistematizadas na nosa biblioteca.

O vindeiro curso máis lectura e familias!

 

24.5.24

Lectura e Familias: educa-tribo


Presentamos dous resumos audiovisuais do desenvolvemento do programa Lectura e Familias ao longo do curso 2023-24, no cal enmarcamos o noso proxecto Educa-Tribo: lectura e formación.

Ao tempo, achegamos enlaces aos álbums de fotos das lecturas compartidas e das formacións, premer en cada título para acceder:

  • Xogos de mesa impartido por Leticia, Noa e Mara P. de 6º de primaria

Un curso máis, agradecemos a colaboración da comunidade: familias, nen@s e profesorado.

O vindeiro curso, en comunidade, máis lectura por placer e para informarse.

26.2.24

FAMILIAS (in)FORMÁNDOSE: novas tecnoloxías e redes sociais

Familias Formación

O vindeiro luns 11 de marzo de 16 a 18 horas, na nosa biblio, contaremos coa Asociación Vieiro de Carballo para seguir informándonos, formándonos.

As novas tecnoloxías e as redes sociais serán os contidos a tratar: o seu uso e como ensinar/previr os seus riscos.

Seguimos crendo na información como fonte de formación continua, de aprendizaxe ao longo da vida e no imprescindible papel das familias como primeira escola: inFORMÁNDONOS en comunidade.

7.6.23

Educa-Tribo: lectura e familias_3º trimestre

Presentamos o desenvolvemento do proxecto Educa-Tribo, enmarcado no programa Lectura e Familias, ao longo do 3º trimestre.

Un trimestre no que lecturas e formacións, con familias e entre iguais, foron a clave para desenvolver actitudes, habilidades e coñecementos.

Unha verdadeira marabilla cada sesión de lecturas compartidas Hoxe le...; así como cada un dos educa-tribo nos que @s expert@s, de maneira totalmente altruísta, compartiron os seus coñecementos, a súa experiencia cos demais.

Cortiza comunidade in-FORMÁNDOSE!

Parabéns e grazas a nen@s e... familias!

Continuará...

9.5.23

Lectura e Familias con Sonia Hermida


 Así pechou Sonia Hermida a súa fantástica formación ao redor da literatura e os libros.

Sonia foi levándonos por diversidade de temáticas e xéneros de calidade contrastada, como os exemplares que conforman a nosa biblio e outros novos que nos foi descubrindo e que pronto formarán parte do noso catálogo.

Lectur e Familias con Sonia Hermida

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Un pracer contar con formación de altísima calidade, grazas a programas como Lectura e Familias, que nos permiten seguir medrando en aprendizaxes de vida.

3.5.23

Lectura e Familias: formación con Sonia Hermida

Lectura e Familias

O vindeiro luns 8 de maio, dentro do programa Lectura e Familias, desenvolveremos unha nova sesión de formación da man de Sonia Hermida.

Sonia Hermida é xornalista especializada no ámbito da educación, mediadora e investigadora en Literatura Infantil e Xuvenil. Asemade, é colaboradora da cadena SER co espazo semanal Jugando a criar en Radio Coruña. 

Convidamos a todas as familias, de 16 a 17 horas, a seguir coñecendo e seleccionando lecturas de calidade para compartir en familia.

24.4.23

Lectura e Familias con Charo Pita

Premer na imaxe para acceder á galería

Unha tarde abrazando palabras coa marabillosa Charo Pita, que abarcou o fabuloso, as brincadeiras, os cantos e os contos.

Familias, nen@s e profesorado saímos encantad@s da sesión de formación impartida dentro do programa Lectura e Familias, a cal aproveitamos para facer entrega do tríptico informativo e duns marcapáxinas de agasallo.

Tríptico Lectura e familias

17.4.23

Lectura e Familias: formación con Charo Pita

Lectura e Familias_Charo Pita

O vindeiro luns 24 de abril, conmemorando o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, contaremos con Charo Pita para seguir formándonos no marabilloso mundo dos libros e a lectura.

Dentro do programa Lectura e Familias convidamos a familias e nen@s de 3 a 9 anos a divertirse explorando e estreitando as relacións familiares, abrazando non só co corpo, senón tamén... coas palabras! 

29.3.23

Educa-Tribo: lectura e familias_2º trimestre

Presentamos o desenvolvemento do proxecto Educa-Tribo que enmarcamos dentro do programa Lectura e familias.

Un trimestre de lecturas e formacións compartidas entre iguais e coas familias, un trimestre no que nos divertimos aprendendo... xunt@s!

21.12.22

Educa-Tribo: Hoxe le..._1º trimestre

Presentamos, en formato audiovisual, o resumo das lecturas compartidas ao longo do 1º trimestre dentro do proxecto Educa-Tribo: Hoxe le...

Proxecto que iniciamos no presente curso para seguir educando en comunidade e que organizamos en dúas liñas: lecturas compartidas e formacións compartidas.

Asemade, presentamos o proxecto ao programa Lectura e Familias convocado pola Consellería de Educación mediante a Asesoría BEGA e fomos seleccionados, coa dotación económica correspondente, para seguir impulsando a participación da comunidade na tarefa de tod@s: EDUCAR xunt@s!

O vídeo contén os audios cos que iniciamos e pechamos cada sesión Hoxe le..., audios extraídos dos audiocontos de Editorial Galaxia que ambientan cada sesión e tanto gustan a pequen@s e maiores.

Premer no seguinte enlace para acceder ao álbum de fotos:

Educa-Tribo: Hoxe le...

Continuaremos... no 2023!