Nuno acaba de nacer e xa forma parte dun club moi exclusivo onde só figura o 12% dos nenos e nenas que nacen en Galicia cada ano:o Club dos nenos e nenas que levan nomes galegos.
Quen sabe por qué, as nais e pais do noso país escollen maioritariamente nomes alleos para chamar ós seus fillos e fillas. ¿Será porque descoñecen? ¿Será por non parecer decantados ideoloxícamente? Parece ser que cando se escolle un nome galego estase a declarar un certo posicionamento político ou ideolóxico. E non é así. Que llo pregunten ós pais de Nuno.
Por esto me emociona especialmente: porque seus pais puxéronlle un nome do país que o ve nacer, un nome que o identifica coas súas raíces, unha identidade. Nada máis, e nada menos. E non por facelo, fan tamén unha declaración de ideoloxía concretada nun partido polítivo concreto. A identidade non é eso. Mirade, senon a Euzkadi ou a Cataluña: orgullosos de sí mesmos en calquera lugar do espectro partidista.
Logo, a vida de Nuno será a que el decida.
Benvido á vida, meu neno. De momento, xa sabes onde tes as raíces que irán contigo alí onde vaias: sabes cal é a túa identidade.
Que os ventos che sexan propicios!