20.1.21

BE-LeoLab_Formación de Usuari@s

Iniciando o 2º trimestre co Laboratorio Documental prantexámonos a necesidade de ofertar un recurso interactivo para a Formación de Usuarios e para asentar o concepto BE-LeoLab Milladoiro, evolución paulatina que tivo un gran pulo ao acollernos ao proxecto centros LIA.2 e que posibilitou a extensión da Biblioteca en diferentes espazos creativos por todo o colexio. Reforzamos, pois, a Formación de Usuarios iniciada no 1º trimestre con este panel interactivo da nosa Biblioteca que recolle funcionalidades coma: exploración da organización espacial (etiquetas en cada letreiro alfabetizado ou numérico), a nosa CDU con iconas inclusivas para facilitar a localización e recuperación de exemplares (páxinas interactivas con diferentes iconas), punto de autoempréstito (ventá con información básica) e picando na serea Leo repaso dos diferentes espazos creativos que acollen diferentes exemplares catalogados coa icona da CDU correspondente. Este recurso foi elaborado polo equipo Tecnolóxico e o equipo de BE-DL, aunando saber e esforzos nacen xoias coma esta para o noso alumnado, para a nosa comunidade educativa.

No hay comentarios: