Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións

30.1.26

EmocionARTE pola Paz!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Premer na imaxe para acceder ao documento

Conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz coa proposta do equipo de biblioteca-dinamización da lingua: emocionARTE pola Paz!

Unha proposta encamiñada a dar tratamento ás emocións en relación coas 7 artes que presiden o PDI de centro: Marabillarte. Proposta que recolle múltiples recursos dixitais para coñecer, investigar e informarse mediante o mural que preside o corredor do 1º andar e a enquisa en liña para realizar as valoracións finais mediante emoticonas.

A conmemoración completouse coa actuación, na nosa biblioteca, do alumnado de 3º de primaria. O coro das emocións, enmarcado dentro do programa Educación Responsable e dirixido polo mestre de Música, Keko, emocionou a pequen@s e maiores. Parabéns pola emotiva actuación!

Seguimos poñendo o acento nas emocións e nos valores da cultura da paz, educando por e para a paz todos os días do ano, fuxindo da polarización e da pasividade, crendo en comunidades éticas e cívicas.


31.1.25

Retos pola Paz!

Retos pola Paz_2024-25 de bibliotecamilladoiro, presentación de E.I. a modo de exemplo.

Conmemorando o Día Escolar da Non Violencia e a Paz e seguindo a proposta de actividades do PDI de centro, cada aula desenvolveu os retos pola Paz, tal e como se recolle nos blogs de ciclo e aos que podedes acceder premendo en cada enlace:

Retos cumpridos, parabéns!

30.1.24

Día da Paz: acrósticos pacíficos

Leer más publicaciones en Calaméo

Hoxe, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz na nosa biblio: lecturas dos acrósticos pacíficos creados a partir da lectura activa dun exemplar seleccionado por cada aula da exposición Leo le... PAZ!

Lecturas pola Paz
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Esta actividade, de animación á lectura/escritura e derivada da proposta trimestral do noso PDI, permitiu o tratamento de valores, emocións, sentimentos... a prol da convivencia e do benestar persoal e social.

Felicitar, coma sempre, a tod@s polas producións propias que xa forman parte do mural do cole.

22.1.24

Exposición PDI_2º trimestre

Exposición PDI_2º trimestre

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Achegamos, en imaxes, a exposición do 2º trimestre que acolle exemplares diversos para realizar lecturas compartidas en relación coa proposta de actividades trimestral.

Diversidade lectora para chegar ao coñecemento, para explorar temáticas varias: emocións, valores, identidade, igualdade, diversidade...

Un trimestre lector para tod@s!

5.2.20

DIA DA PAZ 2020


O pasado xoves 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz e como todos os anos baixamos a conmemorar este día con todos os nosos compañeiros e compañeiras cantando no patio a canción de Mamá Cabra Beixo, Abrazo e Apreixón (que podedes volver a oír premendo no enlace da canción). Enchemos o patio de abrazos e de bicos vivindo grandes momentos, por iso podedes ver todas as fotos no enlace: Día da paz.

30.1.19

Campás pola Paz

Hoxe, no cole, soaron as campás pola PAZ. Velaí un fragmento.

E que sexamos quen de conservar a PAZ coma o ben máis prezado que temos.

27.1.17

VENRES ROBÓTICOS


Este venres incorporamos un novo xogo, trátase de atopar palabras agochadas relacionadas coa Paz!!!

1.2.16

Monllo pola Paz


Así de vistoso nos quedou o monllo pola paz que colocamos na entrada do cole. A actividade foi realizada por todo o alumnado co gallo do Día escolar pola Paz e no marco do PDI deste ano: a pintura 
A obra orixinal é de Henri Matisse (La Gerbe, 1953

29.1.16

Revolucións que cambiaron o mundo

Os nenos e nenas de 6º, xunto coa súa profesora Susana prepararon esta presentación na que recollen canto estiveron investigando sobre diversos momentos críticos da Historia.
Explicarana para todos na Hora de Ler de hoxe con motivo dos actos de celebración do Día da paz.

26.1.16

Marce, o carteiro

Marce, o carteiro from bemilladoiro on Vimeo.

Semana da Paz

https://drive.google.com/file/d/0B73AV4RjAotSdzJSRFI4LVM5eEU/view?usp=sharing

O 30 de xaneiro conmémorase mundialmente o Día Escolar da non Violencia e a Paz. No CEIP Milladoiro temos previsto levar a cabo ao longo da semana unha serie de actividades que podedes ver se premedes na imaxe desta pomba da paz pintada por Pablo Picasso.  

30.1.15

Día da PAZ

Hoxe foi un día especial para o noso colexio. Foi o día da paz: fixeramos entre todos este mural dexesando a paz no mundo.
Escribimos uns manifestos pola paz e finalmente, cantamos e bailamos una canción chamada "Apertas que voan" do disco Brinca Vai de Paco Nogueiras:

 
 


FIXÉMOLO XENIAL !!!

28.1.15

Xogo da PAZ

Xa veredes como vos encanta este LIM da PAZ
 

Premendo sobre a imaxe ou sobre o enlace, aparecerá o xogo.

Pazcionario

Do Ceip Marcos da Portela (Pontevedra)este video para provocar conversas sobre a PAZ nas aulas

22.1.15

Día da PAZ


Temos moi pretiño xa o 30 de xaneiro, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA, polo que vos deixo estas ligazóns onde atoparedes unha variedade de recursos didácticos relacionados con esta temática e que podedes traballar nas aulas co voso alumnado.

Nese día, confeccionaremos un grande e fermoso arco da vella entre todo o alumnado e aprenderemos esta canción  recollida no último traballo musical de Paco Nogueiras, que leva por título Brinca Vai! e está editado por Kalandraka.

Coma de costume, dende BEMILLADOIRO prepararannos unha exposición de libros que poderemos consultar na entrada da biblio.

30.5.14

Cartas pola PAZ (3º)

Aló pola Semana da PAZ, os nenos e nenas de 3º, co seu profe Rubén, escribiron estas cartas que non tivemos tempo de publicar no seu día pero... aí están.

16.1.14

Marce, o carteiro


Marce, o carteiro from bemilladoiro on Vimeo.

Comezamos coas actividades do Día da Paz. Este audiovisual xa é un clásico no noso cole pero este ano perfecionámolo! Coa colaboración de catro alumnos de 6º do curso pasado gravamos as voces, puxémoslle os efectos de son necesarios e convertémolo neste conto tan chulo. 
Coma sempre, para sempre... 

CHOCOLATEEEEEEEEE!!!!