Amosando publicacións coa etiqueta escornabots. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escornabots. Amosar todas as publicacións

12.3.18

MONTAXE ESCORNABÓTICA

Nos últimos meses, os venres robóticos estiveron dirixidos á construcción dun novo escornabot, obradoiro no que participou o alumnado voluntario de primaria e 6º EI. O escornabot está rematado, para ver as fotos premer no seguinte enlace.



https://photos.app.goo.gl/TWd3jqPxXWS6qmA82

31.5.17

ÚLTIMO VENRES ROBÓTICO

Este venres 27 de maio foi o último venres robótico deste curso 2016/2017, pero para o curso haberá máis e mellor!!!!Grazas a todos por participar.










25.5.17

A ruta do escornabot: videoconferencia co CEIP CANOSA-RUS


O venres 12 de maio fixemos unha nova videoconferencia, esta vez foi co Ceip Canosa-Rus. Nesta ocasión participaron os cativos de Educación Infantil e os de 1º de Primaria do noso centro e os nenos e nenas de 6º de EI e alumnado de Inglés de Canosa- Rus. Este é o enlace para visualizar a actividade:



0B3kH7kiVWqEQSXpVN1QxWlIzX2c from marta couto on Vimeo.

3.5.17

Proxecto Escornabots: centro seleccionado, de novo.



Solicitamos a nosa continuidade no Programa Escornabots, para o que xa foramos seleccionados na fase experimental.
Hoxe fíxose pública a resolución e temos a ledicia de comunicarvos que

O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO, DE NOVO! 

 Un placer, polo que supón de recoñecemento a ese traballo constante que vimos facendo a prol da incorporación da innovación desde o colexio.
O Proxecto ten como marco a Biblioteca escolar e o traballo en alfabetizacións múltiples.
A robótica. Que está de moda.
E nós: que non permitiremos que os nosos nenos e nenas perdan o pulso do mundo real.

21.4.17

VENRES ROBÓTICO

Hoxe xogamos cos escornabots e coas plantillas escollidas libremente, e tamén comezamos a utilizar as pezas do Lego!!



 
 
 

 
 

7.4.17

VENRES ROBÓTICO

Hoxe xogamos cos escornabots ó Leoca, unha adaptación do xogo da Oca con preguntas sobre o Proxecto Pintamos Moito, tamén co mapa de Malpica feito polo alumnado de 1ºEP coa mestra Patricia, ó xogo de Mitoloxía dos Planetas, que debemos levar ó escornabot a un corpo celeste e descubrir co Aurasma, aplicación da Tablet de Realidade Aumentada, a escultura asociada a el.





29.3.17

UBICACIÓN NO MAPA COS ESCORNABOTS

Para traballar aspectos relacionados coas ciencias socias ( ubicación no mapa, educación vial...) así como a educación plástica, os nenos e nenas de primeiro de primaria crearon con Patricia, unha maqueta que representa a Malpica. Nela teñen que levar ó escornabot a distintas localizacións e institucións da vila, e aínda que non remataron o traballo non puideron resistir e probaron a xogar!!!!

 

8.3.17

MULLER TRABALLADORA E TIC.

Hoxe, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora facendo diferentes actividades e algunhas delas gustáronos moito porque estaban relacionada coas novas tecnoloxías. Por unha parte, estivemos xogando cos escornabots unindo cada muller traballadora do circo de Botero co seu utensilio que precisa para actuar. E, por outro lado, fumos investigar que pintara uns cadros que tiñamos no corredor, pensando que foran todos homes os que os pintaran. Que sorpresa levamos cando acercamos a tablet e aparecía a autora do cadro, sendo todas mulleres: Maruja Mallo, Menchu Lamas, Xulia Minguillón... Podedes ver todas as fotos destas actividades premendo no seguinte enlace: mulleres traballadoras.




20.1.17

XOGAMOS COS ESCORNABOTS


Hoxe fixemos varios xogos, nun o beebot tiña que seguir a secuencia de formas xeométricas intentando facelo nunha única orde, outro xogo foi o de facer cálculo mental sinxelo ( sumas, restas e secuencias) e levar ó escornabot ó resultado da operación, e o alumnado que nunca ou poucas veces xogou no obradoiro o dedicouse a manipular o escornabot e darlle ordes sinxelas. Coma sempre, pasámolo en grande!!

28.4.16

Proxecto escornabots: centro seleccionado!

Hoxe fíxose público o listado de centros seleccionados pola Consellería para o Proxecto Escornabots
E nós somos un dos 20 escollidos!!! 

Este plan piloto está destinado aos centros de infantil e primaria integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no presente curso 2015/2016.

 As bibliotecas en xeral, tamén as escolares, están a vivir importantes transformacións e unha das máis importantes e a de acoller todo tipo de actividades nas que as persoas usuarias (neste caso, alumnado, profesorado e familias) poden atoparse para pensar, deseñar, facer, construír e aprender xuntas, na liña dos makerspaces ou dos laboratorios de ideas.

Na actualidade, as bibliotecas escolares contemplan todo tipo de linguaxes (oral, escrito, icónico, audiovisual, artístico...) e posibilitan ao alumnado múltiples oportunidades de aprendizaxe, de expresión e de creación. Neste contexto de alfabetización múltiple encádrase a presente iniciativa, destinada a introducir nas bibliotecas escolares unha nova linguaxe, a linguaxe de programación, e impulsar a utilización de pequenos robots en actividades destinadas a mellorar a comunicación lingüística do alumnado, a expresión oral, a creatividade, o traballo colaborativo, a investigación, a aprendizaxe manipulativa e o xogo.
 (Vía Bibliotecas Escolares de Galicia)

Resumindo: o Proxecto ten coma obxectivo achegar a robótica e a programación aos nenos e nenas, familiarizándoos con esa linguaxe desde as idades máis temperás.
 Neste enlace pódese ver un video da TVG.
A imaxe provén de AQUÍ