1.4.22

Estreando KOHA!

Programa xestión biblioteca escolar: KOHA

No presente curso 2021-22 un dos obxectivos do noso plan de traballo era a migración do programa de xestión da nosa biblioteca, o Meiga, a un novo sistema que se abre a moitas outras comunidades bibliotecarias en liña: o programa KOHA.

Despois da necesaria formación, iniciamos o 2º trimestre coa migración completada e coa estrea do programa; o cal nos abre un abano de posibilidades de xestión informatizada ao servizo da comunidade e a través da Rede.

Na pestana superior Recursos dixitais temos acceso aos videotitoriais do novo programa, os cales tamén se poden visualizar premendo no seguinte enlace:

Videotitoriais KOHA

KOHA é unha palabra que provén do maorí e quere dicir obsequio, doazón; obsequio que nos brindou a Asesoría BEGA, a cal agradecemos a oportunidade, apoio e formación para seguir mellorando a nosa Biblioteca. 

Un novo programa, para un novo tempo!

Ningún comentario: