A nosa comunidade educativa está de noraboa, pois o Proxecto Documental Integrado Visión 3C: Comunicación, Ciencia e Creatividade foi premiado polo Ministerio de Cultura e Deporte a través do Consejo de Cooperación Bibliotecaria (CCB) coa Distinción Anual Sello CCB 2021.
No tarde de hoxe recibimos encantad@s a entrega de devandita Distinción a través de videoconferencia e o diploma, previamente recibido, está xa ubicado no noso espazo de logros. Logros a nivel autónomico, polos diversos PDI desenvoltos, aos cales sumamos este último galardón a nivel nacional e que sitúa a un centro educativo do concello de Malpica de Bergantiños no Mapa do Sello CCB.
Achegamos, a toda a comunidade educativa e a tod@s @s que se alegran con NÓS, o vídeo editado polo CCB en colaboración coa comunidade educativa do CEIP Milladoiro no cal se fai a entrega virtual da Distinción e se recolle o noso proxecto premiado: un mar de emocións, de aprendizaxes vividas e compartidas para asentar un novo concepto de biblioteca, a biblioteca do século XXI.
As imaxes valen máis que mil palabras, a desfrutalo!
1 comentario:
Parabéns! Por segunda vez temos un recoñecemento a nivel de todo o Estado. Non é fácil 💓
Publicar un comentario