Conmemoramos o Día Internacional da Muller, de TODAS e... de todos porque a igualdade de xénero é tarefa de TOD@S!
Coa exposición Leo le... 8M! divulgamos lecturas arredor de Mulleres que se fai necesario valorar, iluminar e de valores de igualdade tan necesarios... aínda a día de hoxe.
No corredor do 2º andar o alumnado de 6º de Primaria, coa súa titora Uxía guiando, elaboraron o mural Muller tiña que ser!. Un mural para investigar, para documentarse sobre diversas Mulleres protagonistas da historia e relacionar diversas imaxes (obxectos, ideas...) coa ilustración de cada unha delas.
Agradecemos a colaboración da titora e o seu alumnado para sumar, para compartir recursos con tod@s nunha data moi especial.
Asemade, ao longo deste mes estamos implementando o Laboratorio de Son arredor do noso PDI e o Día da Muller, Oficio e tradición... en feminino! Mulleres e oficios en forma de entrevista escrita e realizadas na nosa Radio Balea para valorar a nosa tradición, visibilizando o relevante papel das nosas Mulleres.
Rememorar a actividade desenvolta no 1º trimestre arredor do Día das Escritoras e Día das Bibliotecas, implementando o Laboratorio Documental a través do cal puxemos cara a
18 ESCRITORAS GALEGAS. Mulleres para coñecer, para ler!
Por e para unha educación en igualdade de xénero hoxe e todos os días do ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario