No día de hoxe, recibimos a visita de Olga Rodríguez, compañeira e mestra no Milladoiro desde a súa apertura, a cal adicou os seus primeiros anos de xubilación á obra que nos presentou e nos regalou a familias e profesorado: "As crebas da memoria".
O libro ou artefacto, termo que ela escolleu, recolle 36 narracións de tradición oral, índices temáticos, xeográficos e códigos QR para seguir as rutas. Un agasallo en estreita relación co PDI NÓS que pechamos o pasado curso, o patrimonio inmaterial.
O alumnado do 3º ciclo de primaria puido descubrilo un pouco máis polo miúdo, grazas á exposición e lectura de Olga, ademais da sinatura de exemplares.
Agradecid@s polo agasallo e a seguir valorando, conservando e transmitindo o noso patrimonio tal e como fixo Olga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario