15.12.22

FORMACIÓN MICRO:BIT ( alfabetización dixital)

Rematamos o 1º trimestre traballando de novo a alfabetización informática a través da programación!

Nos últimos días todo o alumnado, grazas á formación impartida pola mestra Marta (coordinadora do equipo tecnolóxico), achegouse a un ano máis  a placa Micro:bit.

Durante estas sesións formativas, e en función das idades e capacidades do alumnado, coñecemos e recordamos a linguaxe de programación a través da plataforma Makecode (moi parecida a Scracht), e configuramos cada placa con luces leds e mensaxes navideñas para adornar a árbore de Nadal conxunta.

Este curso as placas Micro:bit foron ademais programadas para funcionar ó facer soar un ruído forte!!!

O programa que empregamos deixámolo no seguinte enlace, por se algunhas das peticións aos Reis Magos é un kit Micro Bit para seguir aprendendo, creando; pois saímos encantados da sesión.

Programa o teu Micro Bit

Nos seguintes enlaces accederedes á galería de fotos das diferentes sesións:

 4º E. Infantil

5º E. Infantil

6º E. Infantil

1º e 2º E. Primaria

3º E. Primaria

4º E. Primaria

5º E. Primaria

6º E. Primaria

Un pasiño máis dentro da biblioteca creativa!

ODS 4-Axenda 2030

Ningún comentario: