Un curso máis, e xa van catro, desenvolvemos o programa Lectura e Familias: educa-tribo.
Un programa que permite a lectura compartida coas familias e entre iguais, así como sesións formativas.
Achegamos listaxe das actividades que se inclúen no programa:
- Aniversarios lectores, que mellor regalo que unha lectura compartida coa familia.
- Hoxe le..., sesións de lecturas compartidas entre iguais.
- Educa-tribo, sesións formativas impartidas polas familias: lámpadas de lava, calceta, pintura e flores con lazos.
- Concerto de Pakolas, As máis molonas!, programado para pechar o curso escolar.
Agradecid@s a toda a comunidade pola súa colaboración e implicación na implementación do programa, que inclúe actividades xa sistematizadas na nosa biblioteca.
Felices lecturas!


Ningún comentario:
Publicar un comentario