25.11.26

Coa miña man podo: o noso mural polo 25N.


Con motivo do 25N, na biblioteca escolar creamos un mural colectivo coas mans do alumnado. Cada nena e cada neno escribiu na súa man a frase «Coa miña man podo...» acompañada de cousas boas para coidar e convivir mellor: acariciar, abrazar, axudar, compartir ou aplaudir.

Con este xesto sinxelo lembramos que os bos tratos constrúense cada día e que todos temos na man o poder de facer do noso centro un espazo de respecto e afecto. 





Ningún comentario: