29.10.26

Samaín!

Sabedes que a semana do Samaín é unha das que máis nos gustan no cole? Este ano, como non podía ser doutro xeito, fixemos unhas propostas moi artísticas.
 Por unha banda, o alumnado de Educación Infantil gozou dun taller de cabazas en colaboración coas familias, ás cales lles agradecemos moito que viñeran celebrar este día con nós. 



Por outra, o alumnado de Educación Primaria elaborou un xogo de pistas sobre diferentes artistas, iso si... estes personaxes estaban... ENCABAZADOS!





Ningún comentario: