Hoxe, Día Europeo das Linguas, celebramos o I Premio "Na lingua que eu falo" da Real Academia Galega (RAG) que foi concedido a nosa comunidade educativa.
Un premio que visibiliza o traballo silandeiro e continuo a prol da normalización e dinamización da nosa lingua, o bo facer de toda unha comunidade implicada na protección e conservación da lingua que nos é propia.
Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ao dossier de prensa, achegado pola RAG, no que se recolle a boa nova publicada en diversos medios:
Seguiremos dinamizando a lingua, concienciando da necesidade de conservar o noso rico patrimonio, orgullo@s do noso, hoxe e sempre.
Agradecid@s á Real Academia Galega polo galardón concedido e...
PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario