Premer na imaxe para acceder á galería de fotos
O alumnado de 4º, 5º e 6º desenvolveron un obradoiro con Laura Parrula (Laura Sáez) e Óscar Villán, da editora Patasdepeixe.
O exemplar da súa autoría, "Monstr3s", foi o elemento dinamizador para mergullarse na vida dos libros: partes dun libro, proceso creativo, texto, ilustracións, edición...
Un obradoiro creativo que permitiu coñecer ao alumnado a creación dun libro dende a idea inicial ata o produto final, pechando así a semana na que conmemoramos o Día Mundial do Libro 2025.
Agradecid@s a Laura e Óscar pola súa amabilidade e por dar vida aos tan necesarios libros en diferentes soportes e formatos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario