Estamos en hora boa, o podcast de 6º de educación infantil resultou premiado no VI Concurso de Podcasts-Radio na biblio cunha produción propia a modo de concurso que percorre a biografía de Luísa Villalta e co acompañamento do acordeón de Suso Moreira.
O podcast será difundido na páxina web da Radio Galega e na plataforma dixital A Galega Audio e a asignación do premio (1.250 €) será destinada, tal e como recolle a convocatoria do concurso, a melloras no laboratorio de radio ou actividades relacionadas co seu funcionamento, sempre vinculado á biblioteca do centro. Escoitade con atención se a Luísa Villalta queredes coñecer e ata podedes probar, a ver se sodes quen de respostar:
A aula de 4º de primaria tamén presentou ao concurso o seu podcast "Luísa Villalta, nós tamén somos activistas", que a modo de entrevista fantástica destaca a figura de Luísa Villalta, a súa implicación social e gran activismo; o mesmo que demostra o grupo de 4º desenvolvendo diversas tarefas e proxectos relacionados co coidado do medio, a reciclaxe... mellor escoitalos, porque teñen moito que contar:
Ningún comentario:
Publicar un comentario