1.12.23

Día das PERSOAS CON disCAPACIDADE

Presentamos o vídeo de produción propia que recolle vocabulario, relacionado co PDI que nos ocupa, en Lengua de Signos Española (LSE), para conmemorar o Día Internacional das PERSOAS CON disCAPACIDADE (3 de decembro de 2023)

Ao tempo, todo o alumnado pasou pola biblio para visionar os vídeos remitidos pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Uns vídeos nos que, ademais de coñecer os recursos adaptados (sinais visuais, luminosas...) para a mellora da calidade de vida das persoas xordas, repasaron o abecedario signado e outros campos semánticos como: a familia, as cores, os saúdos...

Vídeos FAXPG
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Unha experiencia de vida que nos achegou, un pouquiño, ás persoas xordas: PERSOAS CON disCAPACIDADE.

No CEIP Milladoiro valoramos ser DIFERENTES, DIFERENZAS que nos fan ser únic@s; por iso aportamos o noso gran de area para seguir eliminando todas as barreiras: comunicativas, arquitectónicas, sociais... para mellorar a vida de TOD@S, INCLUÍNDO! Ao tempo, achegamos as imaxes do mural alfabético en lingua de signos, que xa preside o corredor exterior de entrada ao cole.

Premendo na seguinte imaxe, cuberta do libro de Silvia Penide e dispoñible na nosa biblio, accederedes á canción da autora.

De Silvia Penide

Felicitar a nen@s e ao profesorado pola súa implicación e motivación na elaboración do vídeo, feito desde o corazón, para seguir... INCLUÍNDO! 

Ningún comentario: