23.5.23

Biblioteca creativa: a imprenta tipográfica ambulante

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Como actividade de peche do Mes das Letras e dentro da formación de Biblioteca Creativa, ademais da celebración do Festival, organizamos unha sesión moi especial coa imprenta tipográfica ambulante

Durante dúas xornadas, da man de Cris Ultre e Jean-Ba, todo o alumnado foi visitando o LeoLab para coñecer algunhas formas de impresión moi distintas das que se utilizan na actualidade, marabillándose de poder estampar palabras cunha prensa de máis de 100 anos.

En cada unha das sesións imprimíronse os nomes de homes e mulleres ilustres da nosa cultura, escoitando as ideas dos nenos e nenas que propuxeron os que xa coñecían: Rosalía de Castro, Cabanillas, Castelao, Xela Arias, Francisco Fernández del Riego, Eduardo Pondal, Andrea Maceiras...

Con todas as impresións Cris e Jean -Ba crearán un mural, un encrucillado, que vos amosaremos tan pronto como estea rematado.

A pesares de que a actividade estaba programada para facer no exterior, e non puido ser polo vento, foi moi interesante coñecer técnicas antigas de impresión, letras de madeira, centenarias, e poder crear entre todo o cole un mural conxunto.

Agredecemos a Alouette Machine o seu bo facer e á Asesoría de Bibliotecas agradecemos que nos facilite, dentro do programa Biblioteca Creativa, obradoiros tan enriquecedores como este.


Ningún comentario: