4.10.21

Lecturas compartidas: Hoxe le...

Hoxe, 4 de outubro, a Biblioteca Escolar abre para tod@s no horario asignado para cada grupo-clase.

Retomamos a actividade Hoxe le... para dar protagonismo ás lecturas compartidas, ás lecturas en voz alta de diferentes títulos alleos ou de produción propia. Ademais, no presente curso ampliamos esta actividade a 1º e 2º nivel do 1º ciclo de E. Primaria.

Cada grupo asistirá un recreo semanal á sesión asignada no horario de Biblioteca para o seu curso, cumprindo co protocolo COVID-19 de centro e de Biblioteca.

Imaxe CEIP Milladoiro.  Malpica

As contadoras que hoxe inauguraron a actividade foron Noa Maroñas e Lara Verdes de 4º de E. Primaria co título Princesa Kevin de Michael Escoffier e Roland Garrigue. O alumnado de 5º de E. Infantil estivo moi atento ao conto, parece que lles gustou!

Parabéns a Noa e Lara pola fantástica lectura!

Seguiremos contando...compartindo lecturas!

Axenda 2030

No hay comentarios: