23.10.21

Un plátano por La Palma

Dende o CEIP Milladoiro quixemos unirnos ao acto que se vai realizar esta fin de semana en Malpica, "Festival Solidario Isla Bonita", para axudar aos afectados da illa de La Palma.

Sumámonos a iniciativa que xa se fixo noutros colexios de España "Un plátano por La Palma", por iso todo o alumnado do centro incluíu un plátano de Canarias na súa merenda do pasado venres 22 de outubro. Un xesto simbólico de solidariedade e unha oportunidade para que os nenos sintan como aportar o seu gran de area ante esta catástrofe.

Ningún comentario: