20.9.21

Oralidade, berce da cultura!

Presentamos a proposta de actividades deste 1º trimestre do curso en relación co PDI anual, Laboratorios de Aprendizaxe e conmemoracións.
Actividades para integrar nas Programacións de aula mediante Tarefas Integradas que se nutran de ALFIN, usando os espazos creativos da BE-LeoLab.
O título elexido, Oralidade: berce da cultura!, pon o acento na importancia da fala, da escoita como primeira forma de comunicación complexa, antes da escrita, que nos permite ser, estar en comunidade: contos, cantos, debates, asembleas....
Partimos da necesidade de coñecer e valorar as nosas tradicións e expresións orais: contos, lendas, mitos...parte do noso patrimonio, signo de identidade, que debemos preservar, tal e como marca o Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 11.4 da Axenda 2030
"Redobrar os esforzos para protexer e salvagardar o patrimonio cultural e natural do mundo"

A por un trimestre contando, 
a por un trimestre lendario!

ODS 4, Axenda 2030

ODS 11, Axenda 2030

No hay comentarios: