8.6.21

Día Mundial dos Océanos: exposición fotográfica

Hoxe 8 de xuño de 2021, Día Mundial dos Océanos, visitamos a Exposición de Fotografía Subacuática dispoñible nas instalacións do Centro Cívico de Malpica de Bergantiños convidados/as polo Departamento de Educación e Cultura do Concello.

Os primeiros niveis desfrutaron da colección de imaxes cunha visita guiada e a proxección dun documental medioambiental sobre o mundo mariño. O vindeiro venres 11 a visita será para os restantes grupos-clase do colexio; xa que a exposición estará aberta ao público ata o día 18 de xuño.

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da visita.

Unha actividade cultural moi enriquecedora, que nos achega ao mundo de vida submarina que debemos valorar e coidar.

No hay comentarios: