14.5.21

Obradoiro de poesía Xela Arias_4ºEP

O mércores, 12 de maio, o alumnado de 4º Educación Primaria desfrutou dun obradoiro baseado no libro Darío a Diario de Xela Arias, homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas. Neste obradoiro, da man de Andrea Barreira, o alumnado realizou un poema a partir dunha foto de persoas importantes para eles/as: familia, amizades...

Quedaron unhas producións escritas moi fermosas!


FOTOS

Ningún comentario: