27.5.21

Leo le...NOVIDADES!_3º trimestre

Pechamos o 3º trimestre e o presente curso 2020/21 coa última exposición Leo le...NOVIDADES!

Novidades rexistradas e catalogadas na nosa Biblioteca que seguirán publicitándose o vindeiro curso, tentando dispor sempre de diversidade de títulos para todos/as.

No presente curso catalogamos máis de 150 novos exemplares que xa forman parte das nosas coleccións e de cada lector/a que os elexiu pois nunca puidemos obter as imaxes de todo o catalogado; xa que tan pronto se colocaban na exposición de novidades tan pronto viaxaban ás aulas, ás mans de alumnado e profesorado.

Un pracer ver como os libros seguen vivos nas mans de quenes os coidan, nos ollos de quenes os desfrutan...

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos dos primeiros exemplares da exposición.

O vindeiro curso...máis e mellor! 

No hay comentarios: