31.5.21

Formación familias: alfabetización dixital


Ao longo do mes de maio, as familias acudiron ás sesións de formación impartidas polo mestre Sergio Simarro atendendo a 2 liñas:
  • Liña 1: aspectos básicos de informática coma a creación dunha conta de correo electrónico, uso e manexo da mesma.
  • Liña 2: aula virtual, uso e manexo.

Esta formación enmárcase dentro do plan do colexio de alfabetización dixital da comunidade educativa; así o claustro de mestres/as na súa totalidade desenvolvemos ao longo do curso un Plan de Formación do Profesorado relacionado cos espazos Milladoiro dixitais.

Xornadas todas elas moi produtivas ás que daremos continuidade o vindeiro curso achegando a información á comunidade, achegando as alfabetizacións múltiples.

No hay comentarios: