22.3.21

Leo, lemos...poesía!

Esta semana o libro estrela é "As receitas de Rosaura" de Isabel Blanco e ilustrado por Luz Beloso de Belagua editorial.

Que mellor maneira de pechar un trimestre no que a cociña foi a protagonista, enlazándoo coa celebración do Día da Poesía (21 de marzo)

Hoxe @s cativ@s de E. Infantil desfrutaron na sesión "Hoxe le..." coas nosas biblioaxudantes Alicia e Noa, que lles recitaron... "a parrandeira historia de Rosaura a cociñeira que nas noites de lúa chea, mentres os demais durmían elaboraba receitas".

O libro permanecerá toda a semana a disposición dos demais grupos-aula para que cando veñan á Biblioteca realizar os empréstitos indirectos poidan compartir un momento de lectura con este fermoso exemplar poético e culinario.

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de fotos da actividade.

Feliz Semana da Poesía, cociñando lecturas compartidas!

No hay comentarios: